martes, 7 de marzo de 2017

Amelia quere un can


Bowley, Tim (2008), Amelia quere un can, ilust: Neves André, traduc: Pita Isa e Pérez Silvia: Kalandraka,colec: Demademora, (+3anos) [8 pp], ISBN: 9788484646495.

BREVE DESCRICIÓN DO FORMATO E CONTIDO:
Esta obra é un álbum ilustrado dun pequeno grosor, con tapas duras, terminadas en punta e con follas dun grosor bastante resistente.


  

 Na cuberta amósannos a nosa protagonista e polo título sabemos que ese can que a acompaña vai ser a súa mascota. Na parte inferior dereita vemos a editorial a que pertence e na parte superior central o autor do libro e máis o seu ilustrador.


Na súa contracuberta aparece a colección a que pertence e máis vemos unha fotografía dun cadro que ten un animal no seu interior.  







Podemos contarllo aos nenos e nenas de tres a máis idade xaque non lles presentaría ningunha dificultade á hora de compréndelo.
Neste álbum están mesturados pequenos textos que ás veces aparecen en ambas páxinas acompañadados dunha ilustración ou simplemente aparece o texto nunha folla e ao seu carón unha imaxe.
 Fai o uso de varias cores moi vivas que lle poden axudar aos nenos a que se decaten de que é un libro alegre como son: o amarelo, o roxo un azul claro etc…
Unha neniña vivía na casa con seu pai, esta quería ter unha mascota para coidala, paseala, pasar moito tempo xuntos… pero seu pai sempre lle decía que non a esa idea.
Durante varios días estívolle dicindo sobre varios animais pero, un día díxolle que quería ter como mascota a un can e seu pai díxolle que si, dende aquelas Amelia estivo cuidando ao seu novo amigo.

POTENCIALIDADES:
Con este libro podemos ensinarlles aos nenos e as nenas que poden ter unha mascota e un amigo que os acompañen en todo momento, pero ao mesmo tempo teñen que ter conciencia do que isto implica, é decir, que para que poidan ter unha mascota, neste caso un can, é necesario que saiban varias cousas como son: os coidados que estos teñen que ter para estar ben, como teñen que adestralos e saber diferenciar que cousas lles poden permitir facer e cales non. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario