ESTRAMBOLICOS
Letria, André (2015). Estrambólicos, ilust. José Jorge Letria, Fraga: Ediciones la
fragatina (ISBN: 978-84-942019-0-5)
Breve descrición do formato e contido da obra: Album ilustrado (15x25cm) con tapas duras e aneis que as
suxeitan.
Este álbum contén dezaseis debuxos de seres estrambólicos,
situados todos no lado dereito do libro, que á vez se poden dividir en tres, e
coa axuda dos aneis, poden combinarse entre si, o que nos da catro mil noventa
e seis estrambólicos. Na cuberta mostrase un dos estrambólicos como os que imos
atopar no interior.
Tanto a cuberta como as páxinas interiores son de un
material mais duro para que se poidan manexar e que non se poidan romper fácilmente.
No lado esquerdo do libro podemos poñerlle
nomes a cada estrambólico que formemos, e ademáis, temos unha breve descripción
deste.
Ao cambiar a súa apariencia, tamén cambiamos o
seu nome, e a súa descripción, por eso, non é só un xogo de apariencia, senón
que incita a leer as súas características.
Potencialidades: Este
libro non só é chamativo polas ilustracións, xa que podemos cambialas, senón que
é moi interesante para aprender a leer para os mais pequenos, xa que ao cambiar
a forma do estrambólico, cambia o nome. Pero ademáis, para os nenos que xa
saben leer, poden verse as súas descripcións, facendo deste libro que sexa
dinámico, e moi atractivo para os nenos. Poden manexalo dende os tres anos,
pero tamén ata os 8-10 anos xa que a súa lectura se pode adaptar a diferentes
idades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario