mércores, 8 de marzo de 2017

COCORICO


Núñez, Marisa  (2006) Cocorico, Ilust: Bansch, Helga. OQO Editora (2006), (+3anos).[36 pp.]. (ISBN:84.96573.23.0)
Breve descrición do formato e contido: é un álbum ilustrado encadernado en cartoné tapa dura e dun tamaño de 25×23cm. O libro ten un texto de letras grandes non moi extenso presentado tanto nas páxinas pares como nas impares. A cuberta e moi chamativa, é toda de cor vermella e no medio aparece o protagonista da historia o pitiño Cocorico en cor amarela, á dereita ao fondo a súa mamá, e á esquerda o rabo do Gato Pelado, aparecen os tres únicos persoaxes da historia.
Na contracuberta aparece a continuación do rabo do gato pelado.
Polo que se abrimos o libro enseñando ambas partes vese unha relación clara.
As ilustracións do libro son coloridas sobre fondo beige, as imaxes son moi reais e van acorde co que di o texto ademáis, teñen uns trazos que fan que pereza que están como en relieve e sobre todo o pitiño parece tan real con esa tenrura que transmite en cada ilustración onde aparece.


As gardas do libro son moi significativas xa que o que amosan é o nacemento do pitiño (neste caso de Cocorico), onde se vai vendo o ovo, logo como pouco a pouco vai escachando ata que por fin rompe e nace o pitiño. Aparece o mesmo nas duas gardas.



O libro conta a historia dun pitiño chamado Cocorico que vive coa súa mamá e un día pediulle que lle fixese un biscoito polo que a nai mandouno ao bosque buscar leña para prender o forno, e advertiulle que tivese coidado co Gato Pelado, pero Cocorico viu o gato e para que non o comese prometeulle metade do biscoito. Pero cando Cocorico chegou a casa e viu o biscoito papouno todo, e cando veu gato pelado non tiñan nada para darlle polo que el e máis a súa mamá tiveron que agocharse, pero ao final conseguiron que Gato Pelado marchase asustado e non lles fixese nada e para celebralo fixeron outro biscoito que comeron Cocorico e máis a súa mamá.

Potencialidades: é un libro que nos serve moito para seguir os consellos que nos dan (neste caso a mamá) pero tamén pode valer para facer caso os consellos da profesora, outras persoas, etc.
Tamén da importancia a cumprir as promesas, (neste caso a de que non falara co Gato Pelado e máis ao referente co medio biscoito que lle promete o gato). E o difícil que é para os nenos pequenos o compartir, (aquí Cocorico promételle medio biscoito o Gato Pelado e comeo el todo, logo cando o gato ben por el non atopa a súa parte… pero o final da historia Cocorico dase conta e cando a súa mamá prepara o segundo biscoito, come el unha metade e a outra metade dalla a súa mamá. 
Aquí e onde os nenos veran que o non compartir está mal, porque pode traer problemas e terminaran compartindo como fixo despois Cocorico coa súa mamá.
Ademais o libro presenta unha linguaxe sinxela os diálogos aparecen en negriña pa que sexan fáciles de identificar e fai uso de onomatopeas marcándoas en maiúsculas.
Outra das vantaxes deste conto é que como moitos outro da colección teñen canción, un recurso que axuda moito a que os nenos lles guste máis e aprendan máis rápido a historia; todo o que leve ritmo para os nenos/as e divertido. Polo que todos os libros con música sempre son de axuda. E se non a tivesen, sempre se podría inventar.

!Futuros mestres/as deixade voar a vosa imaxinación!




1 comentario:

  1. É moi importante que os nenos e nenas aprendan a importancia de compartir cousas entre eles mesmos ou outras persoas.
    Ademais que este libro teña unha canción, axuda aos nenos e nenas a memorización de palabras e ritmo, como menciona Nerea na súa publicación.

    ResponderEliminar