Amosando publicacións coa etiqueta lúa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lúa. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de marzo de 2017

VIAXE Á LÚA




Milbourne, Anna (2005). Viaje a la Luna, ilust. Benji Davies, trad. Gemma Alonso, Londres: Usborne publishing (de 3 a 6 anos), [25 pp.] (ISBN: 9780746066324).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado narrativo de gran formato (25.6 x 25.8). As cubertas son ríxidas e de tapa dura e lixeiramente acolchadas,  con esquinas sobresaíntes.


Na cuberta pódese ver a imaxe duns astronautas na lúa,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro, na parte superior observamos o título e na inferior a autora e ilustrador do libro. No lomo aparece a imaxe dun oso disfrazado de astronauta, encima deste o título novamente do libro e abaixo unha breve descripción do que te podes atopar ao ler o conto.
Nas gardas, tanto na anterior como na posterior aparece un ceo estrelado coa lúa na parte superior dereita. Cabe mencionar que a portada do libro non corresponde coa da cuberta, pois nesta aparece unha nena xogando cun cohete e cun casco que parece ser de astronauta.




Referíndonos ao contido da obra esta esta composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o significado do texto. As letras con grandes e situadas en lugares de fácil visibilidade.


Este conto narra a historia dunha nena que se imaxína como sería viaxar a lúa e onde vai explicando aqueles detalles máis significantes sobre o espazo e as viaxes dos astronautas.


DSC_0004.JPG

Potencialidades: Un libro que fala sobre algo descoñecido para os nenos e nenas, e que só coa imaxinación poden transportarse ata lugares tan afastados da Terra como é a Lúa. Un recurso interesante para dar a coñecer aqueles aspectos máis relevantes sobre as viaxes ao espazo.

luns, 20 de febreiro de 2017

Lúa

Rubio, Antonio.(2005). Lúa, ilust. Óscar Villan, Pontevedra:Kalandraka, col."Do berce á lúa", (0 a 3 anos), [16 pp.], (ISBN:978-84-8464-541-2).


Breve descrición e formato da obra: Este libro é un poema visual recitable ilustrado por poegramas, cun formato cadrado (16x16 cm), encadernado con tapas duras e grosas feitas de cartón. Na cuberta, aparece o título do conto en letras brancas, e no medio un debuxo dunha lúa que ten boca, nariz,e ollos mergullada nun fondo azul escuro con pintas brancas como se fosen estrelas, mentres que na contracuberta atópanse os datos da obra e unha escala músical, o que nos dá pistas de como é o libro. As ilustracións están feitas con pinceladas de cores fácilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden ser case palpables. A imaxe resalta sobre un fondo branco nun debuxo sinxelo e atractivo para os máis pequenos, en liña co contido da obra. Aínda que aparece o nome escrito debaixo da imaxe correspondente en cor negra e letra maiúscula, as ilustracións adquiren toda a forza comunicativa.
Este libro móstranos como a través de pictogramas poéticos cheos de rimas e repeticións  podemos achegarnos a lectura tanto con cancións como ca lectura do mesmo.



Potencialidades: Lúa está pensado para nenos e nenas moi pequenos, polo tanto é un libro sinxelo e moi atractivo para eles. Cada poema está perfectamente construído e acompañado polas ilustracións sen que teñan a necesidade de ler, aínda que a medida que van medrando quererán saber o que pon en cada imaxe. O libro pode ser contado a través de cancións, polo que é importante xogar coa voz, as pausas e os distintos ritmos para captar a súa atención. A medida que os pequenos aprendan a falar, farémoslles repetir palabras xa que conta con repeticións e cando o saiban contarémolo todos xuntos, propiciando de este xeito un vínculo afectivo entre adulto-infancia.
A partir desta obra podemos traballar diversos factores como poden ser: a memoria, elementos da natureza (lúa e sol), as cores, as texturas, as rimas, a atención, o ritmo, lateralidad (esquerda-dereita), os sentidos (vista-oído), entre outros aspectos. É un xeito creativo de introducir os nenos/as no mundo da lectura, neste caso na poesía, xa que é conveniente que desde pequenos lle amosemos libros de diferentes xéneros pasando un rato cheo de diversión e fantasía.

Se vos pareceu interesante esta proposta,recoméndovos outros títulos da "Colección do berce á lúa" de Kalandraka. Todos eles son moi interesantes para traballar cos nenos e nenas máis pequenos.








sábado, 11 de febreiro de 2017

PACO

Carballeira, Paula (2001), Paco, ilust. Blanca Barrio, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, (de 3 a 6 anos) [34 pp.]. (ISBN: 84-8464-070-1). // Pontevedra: Kalandraka Editora, col. minilibros para soñar 2, 2001, [32 pp.]. (ISBN: 84-8464-114-7).



Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado, con 34 páxinas grosas, todas elas cunha breve frase acompañada coa súa respectiva ilustración, baseadas en debuxos moi expresivos grazas ao acabado das ceras de cores. Neste caso, o texto, escrito en galego, aínda que podemos atopar o conto en diversos idiomas, é quen aporta primordialmente o sentido á presente narración aínda que a ilustración afianza o poder suxerido polo texto e contribúe a visualizar os personaxes e espazos, dándolles vida e características propias.

En canto á encadernación, trátase dun formato cadrado de tamaño medio (22 x 22 cm), con cantos acabados en punta, moi cómodo e fácil de ver e manipular polos nenos/as. Presenta unhas cubertas de cartón grosas e resistentes, con vista a que os nenos/as poidan manipular o libro sen perigo: na dianteira, cabe destacar que está ilustrada cun debuxo do protagonista, tamén contén o título da obra en letras grandes, o nome da autora, da ilustradora e da editorial; na contracuberta non aparece ningún texto, limítase a mostrar unha ilustración da nave e máis a lúa, o nome da colección e o logotipo da editorial; cuberta e contracuberta compleméntanse ao abrir o libro. Neste caso, as gardas simplemente consisten nunha ilustración das diferentes fases da lúa e o lombo do conto unicamente contén o nome ``Paco´´.

Centrándonos no contido cóntase a historia dun rato chamado Paco que viaxou nunha nave espacial ata a lúa, pensando que esta era de queixo fresco. Pero, no momento de mordela, deuse conta de que a realidade era moi distinta ao que lle contaran, posto que a lúa non era de queixo. Comezou a sentir tristura e morriña pola terra, polas montañas, polos ríos, polos ratos e ata polos gatos e, cando se bota a chorar, a lúa consólao bambeándose e cantándolle fermosas cantigas polo que Paco quedou durmido abrazado a ela e sorrinte.

Potencialidades: que no conto aparezan as historias reforzadas cos debuxos ofrece unhas posibilidades expresivas, comunicativas e narrativas sorprendentes para os nenos máis pequenos, a lectura total trátase dunha lectura textual e outra visual. Todo isto fai que a composición sexa máis dinámica con puntos de vista cambiantes enfocando os obxectos máis significativos da narración. Desta forma, podemos seguir, á vez que lemos, o que lle ocorre e o que sente o rato.



Cabe destacar o uso de frases curtas e sinxelas, para facilitar a lectura e a comprensión. Tamén mostra algunhas condutas como descubrir novas aventuras, loitar polo que un quere e o sentimento da morriña, como mostra o protagonista; así como o cariño e a amizade que mostra a lúa co rato. 

Dende outro punto de vista, poderiamos aproveitar este conto para repasar as diferentes fases da lúa, xa que se menciona que a lúa está crecente.