Breve descrición e formato da obra: Este libro é un poema visual recitable ilustrado por poegramas, cun formato cadrado (16x16 cm), encadernado con tapas duras e grosas feitas de cartón. Na cuberta, aparece o título do conto en letras brancas, e no medio un debuxo dunha lúa que ten boca, nariz,e ollos mergullada nun fondo azul escuro con pintas brancas como se fosen estrelas, mentres que na contracuberta atópanse os datos da obra e unha escala músical, o que nos dá pistas de como é o libro. As ilustracións están feitas con pinceladas de cores fácilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden ser case palpables. A imaxe resalta sobre un fondo branco nun debuxo sinxelo e atractivo para os máis pequenos, en liña co contido da obra. Aínda que aparece o nome escrito debaixo da imaxe correspondente en cor negra e letra maiúscula, as ilustracións adquiren toda a forza comunicativa.
Este libro móstranos como a través de pictogramas poéticos cheos de rimas e repeticións podemos achegarnos a lectura tanto con cancións como ca lectura do mesmo.Potencialidades: Lúa está pensado para nenos e nenas moi pequenos, polo tanto é un libro sinxelo e moi atractivo para eles. Cada poema está perfectamente construído e acompañado polas ilustracións sen que teñan a necesidade de ler, aínda que a medida que van medrando quererán saber o que pon en cada imaxe. O libro pode ser contado a través de cancións, polo que é importante xogar coa voz, as pausas e os distintos ritmos para captar a súa atención. A medida que os pequenos aprendan a falar, farémoslles repetir palabras xa que conta con repeticións e cando o saiban contarémolo todos xuntos, propiciando de este xeito un vínculo afectivo entre adulto-infancia.
A partir desta obra podemos traballar diversos factores como poden ser: a memoria, elementos da natureza (lúa e sol), as cores, as texturas, as rimas, a atención, o ritmo, lateralidad (esquerda-dereita), os sentidos (vista-oído), entre outros aspectos. É un xeito creativo de introducir os nenos/as no mundo da lectura, neste caso na poesía, xa que é conveniente que desde pequenos lle amosemos libros de diferentes xéneros pasando un rato cheo de diversión e fantasía.
Se vos pareceu interesante esta proposta,recoméndovos outros títulos da "Colección do berce á lúa" de Kalandraka. Todos eles son moi interesantes para traballar cos nenos e nenas máis pequenos.
Está bastante ben, pero creo que hai que revisar o concepto de "conto", tal como o empregas aquí nesta redacción. Preguntas: na obra que describes hai unha historia? unha trama? estamos a falar dun conto realmente?
ResponderEliminar