Breve descrición do formato e contido da obra : libro de tapa dura, cartón groso, cun formato medio e cadrado, con páxinas finas e ilustracións con animais, a semente, o avó e a neta. Tanto a cuberta como a contracuberta preséntanos unha anticipación de como vai ser o libro. Na cuberta podemos ver os trazos de debuxos simples pero atraíntes para o lectorlector, cores vivas a resaltar sobre a cor verde. A contracuberta aparece de cor verde con algunha ilustacións (o avó e a bolboreta) ademáis dunha serie de imaxes doutros libros pertencentes á mesma colección da autora.Nas gardas aparece unha ilustración dun avó coa súa neta plantando unha semente. Cando pasamos a páxina encontrámonos nun xardín onde se nos mostra a unha nena nunha arrandeira observando a seu avó, que está a soster unha maceta e unha planta.Ao seu redor hai unha gran diversidade de flores, polo que podemos deducir que é primaveira, tamén hai un paxariño voando e un gusán cun bocadillo onde expresa o que está a pensar. Se cambiamos de páxina aparécenos a nena dándolle unha bolsa de sementes a seu avó, logo a man da nena poñendo a semente a plantar e á súa beira un gusán ; a seguir, o avó colle a maceta e levavaá a un lugar seguro para a continuación regar a semente. Nas seguintes páxinas o avó vaille relatando á nena como crecen as sementes ata chegar a ser unhas plantas, tamén observamos con imaxes como a semente vai evolucionando ata converterse nun fermoso rosal. Ademáis vese que a nena aprende como se reproducen as plantas (polinización), quen as axuda (as avellas, paxaros...) que dentro das froitas se encontran as sementes da plantas...
Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Nela vanse ir recollendo as descricións das lecturas que realizaremos ao longo do cuadrimestre e incidirase sobre todo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
mércores, 15 de febreiro de 2017
Había unha vez unha semente
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario