xoves, 16 de febreiro de 2017

¿A que sabe a lúa?

Grejniec, Michael (2011), A que sabe a lúa?, ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka Editorial, col. Libros para soñar (+ 5 años) [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-564-1).


Descrición do formato e contido: a presente obra é un clásico contemporáneo da literatura infantil. Trátase dun álbum ilustrado de 19,5x29 cm encadernado en tapas duras e con páxinas de papel couché. Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan pola súa sinxeleza. Dita obra presenta cor nas 36 páxinas que a conforman e a distribución das imaxes e do texto, sobre fondo branco, proporciona un grande equilibrio.

A que sabe a lúa? conta a historia duns animais que desexaban
descubrir o sabor que tiña a lúa: "sería doce ou salgada?" Tan só querían probar un anaco, pero, por máis que se estiraban, non eran capaces de tocala. Entón a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizáis entre todos poidamos alcanzala". 
Trátase dunha historia, a medio camiño entre a fábula e a lenda, que regala ao lector unha ensinanza que fala sobre a xenerosidade, a solidaridade e os soños compartidos. Posúe unha boa dose de humor, aportada pola sorrinte lúa, burlona e un pouco saltarina. A historia fala de desexos, a primeira vista inalcanzables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación e á axuda mutua dos personaxes desta historia: unha tartaruga, sobre a cal se sostería o mundo, según a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o  máis pequeno de todos, o rato, consegue tocar a lúa.

Potencialidades: a través dunha estructura de repeticións e acumulacións de personaxes (un recurso moi frecuente nos contos tradicionais) preténdese que os nenos/as reflexionen sobre  valores coma a solidaridade, a forza da unión… á par que poden traballar sobre animais, sabores ou distancias. É un libro que invita á participación dos is pequenos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario