Blanco, Magín (2014), Gatuxo, ilust. Erica Maradona, Pontevedra: Boa Música Editorial, (de 0 a 7 anos), [24 pp.] (ISBN: 978-84-940993-2-8).


Por último debemos destacar que o
libro tamén contén un disco onde se atopan gravadas as cancións escritas,
acompañadas do son de numerosos instrumentos musicais e doces voces que axudan
a que non nos esquezamos delas.
Potencialidades: este volume é idóneo para comezar a
introducir os nenos na poesía como elemento para a transmisión dos sentimentos
e emocións, ademais de ser un utensilio perfecto para contar historias rimadas, cuxa musicalidade favorecerá a súa permanencia na memoria dos máis pequenos.
Como contido, poderiamos comezar a
traballar os tipos de rimas pedíndolle aos nenos que, coa axuda dalgún membro
da súa familia, crearan unha pequena estrofa que os identifique. Deste xeito
poderemos potenciar a relación e comunicación entre pais e fillos.
Tamén sería posible, para estimular
a motricidade, crear entre todos unha coreografía sinxela da cantiga que máis
guste aos nenos e nenas. E non só isto, poderiamos contratar o espectáculo que
se nos ofrece, ligado á obra, para gozar da música e a poesía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario