Patacrúa (2004), O gato lambón, ilust. Oliveiro Dumas, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Os contos do trasno, [28 pp.] (ISBN: 84-8464-237-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum
ilustrado de tamaño medio, cadrado e coas tapa duras. É unha reescritura duo conto popular danés. As
ilustracións ocupan todo o espazo, aproveitando estratexicamente para colocar o
texto, que ten diferentes tamaños para resaltar algunhas palabras ou
exclamacións, que aparecen cun tamaño maior, ou parte do texto en negriña, que
neste caso se corresponde co que di o gato, de xeito que ó lector lle chama a atención e o anima a pronunciar esas palabras cun ton máis intenso. As ilustracións son
bidimensionais, a lectura é lineal e a
historia pode seguirse sen ler, só polas ilustracións que contén, ou por ambos
elementos, texto-ilustracións.
Trátase dun conto
tradicional, e no que
parece dotado de características e comportamentos humanos, ainda que conserva
rasgos animais como nas fábulas, pero no caso do conto, conviven como algo natural.
Na cuberta aparece o
protagonista, cun debuxo sinxelo no que se nos mostra a idea principal do conto
e como indica o título, trátase dun gato lambón. E na contracuberta aparece un
pote, o cal está relacionado coa cuberta. As gardas tamén nos
dan pistas do que vai pasar no conto, pero coa primeira impresión non podemos
descubrir que é, xa que aparece un fondo amarelo cunhas letras do que parece un prospecto dunha medicina e no medio unha machada cortando este fondo
amarelo do que saen case todos os personaxes. E na outra garda, o mesmo fondo,
pero agora estas liñas cosidas.
Na primeira páxina aparece unha
muller de negro con aspecto de bruxa (e fumando) facendo papas no mesmo pote
que sae na contracuberta, e ademais aparecen fotos reais arredor dela de
medicamentos. O gato ten tanta fame que come
as papas, a pota e a vella, e a partir de aquí, vai comendo a todos os
personaxes que aparecen no conto. Os debuxos son moi sinxelos con
cores nítidas, con pequenos detalles en cada páxina escondidos que invitan a
ser observados con atención.
No conto advírtese que o gato, despois de tragar a todos os personaxes e de que un deles o abrira en dous cunha machada e o coseran, aínda segue tendo fame e quere seguir comendo porque a vella que facía as papas volta á casa para comelas, por iso o gato volta tras dela porque quere comerllas, co que se pecha a circularidade do relato. A lectura do conto avanza rápido e faise ameno e con sentido de humor.
No conto advírtese que o gato, despois de tragar a todos os personaxes e de que un deles o abrira en dous cunha machada e o coseran, aínda segue tendo fame e quere seguir comendo porque a vella que facía as papas volta á casa para comelas, por iso o gato volta tras dela porque quere comerllas, co que se pecha a circularidade do relato. A lectura do conto avanza rápido e faise ameno e con sentido de humor.
Potencialidades.
É un conto acumulativo que serve
para memorizar as palabras, préstase moito para a dramatización e pódese utilizar para traballar matemáticas, as letras etc. O texto favorece a atención e incita a repetir e a adiviñar que pode pasar
xa que final é sorprendente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario