Gomi, Taro (2007) A bañarse!, Vigo: Faktoria K de Libros, trad. Maki Fukuhara, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-935122-3-1).
Breve descrición do formato e contido: é un álbum ilustrado encadernado en cartoné con puntas sen redondear, tapa dura e dun tamaño de 20×24cm. O libro ten pouco texto presentado nas páxinas pares. A cuberta é moi chamativa para os nenos, xa que aparece un león e iso chámalles moito a atención.
Na contracuberta aparecen os disfraces usados polo neno. As ilustracións do libro son coloridas sobre fondo branco. En todas as páxinas de ilustracións aparece un gatiño, podemos deducir que é a súa mascota. As imaxes son moi reais e van acorde co que di o texto. As gardas do libro son de trazos brancos sobre fondo azul, dúas imaxes en cada garda, na primeira o neno disfrazado de león xogando co gato e na segunda o neno disfrazado de pantasma asustando ó gato.
O libro conta a historia dun neno chamado Taro, ó que súa nai lle pide que se bañe, entón o neno vaise espindo pouco a pouco ata que por fin se baña.
Vai aparecendo disfrazado de león, de oso con roupa humana, de oso e por fin como un neno de verdade cando quita todos os traxes para poder bañarse.

Potencialidades: é un libro que pode axudar moito a que os nenos gañen autonomía. A hora do baño pode ser un momento agradable e relaxante para algúns nenos e o peor momento do día para outros. Con este conto poderiamos axudar a que se convirta nun momento divertido. É importante que os nenos teñan este tipo de autonomía á hora de desvestirse, desabotoarse etc. para realizar hábitos de hixiene.
Outra das potencialidades que lle vexo ao libro é que usa moito as onomatopeas, que iso sempre lle adoita gustar aos nenos. Os nenos aprenderán tamén o nome da roupa, partes do corpo etc. Con este conto poderiamos optar por contalo oral ou tamén con monicreques ou mediante a fabricación dun boneco, que os nenos puidesen manipular, vestilo, desvestilo tocalo, movelo… Os nenos coñecerían e terían nas súas mans o protagonista da historia.
Paréceme un libro moi interesante para mostrarlle aos nenos e nenas o tema da hixiene dunha forma lúdica e que comproben a súa importancia e que pode ser divertido que o aprendan a facer autónomamente.
ResponderEliminarGústame a idea de facer un moneco que os nenos poidan manipular. É unha forma divertida de involucralos na historia e facerlles ver que o momento do baño, ademais de ser necesario para a hixiene diaria, pode ser un momento de xogo e tranquilidade.
ResponderEliminar