Impey, R. (1988). El Monstruo del
Cepillo de Dientes. Ilust. Sue Porter, trad. Juan Manuel Ibeas. Madrid,
España: Anaya. [19 pp.] (ISBN: 84-7525-490-X).
Breve descrición do formato e contido da obra: trátase dun libro
de tapa dura, branco e con cores variadas e coa imaxe do protagonista no centro
da portada acompañada do título da obra. Na esquina inferior dereita atópase o nome da escrita a editorial na que se publicou este libro. A historia trata a vida dun
neno ao que non lle gusta lavar as mans, nin a cara e moito menos os dentes.
Cando o pai lle di que ten que lavar os dentes, o neno asegura que o Monstro do
Cepillo de Dentes roubou o cepillo. O neno manifesta o divertido que lle parece
que o seu avó teña a súa dentadura gardada nun vaso. Todas as noites tira dos
seus propios dentes, pero non lle saen. Entón, o seu avó intenta que o neno lave
os dentes e pregúntalle quen lavará os dentes, se o avó ou o neno. Remata
rindo e o neno di que será o Monstro do Cepillo de Dentes quen o fará.
Potencialidades: esta
obra pode servir para traballar na aula o hábito de lavar os dentes, xa que
pode facer que os nenos vexan o acto de lavar os dentes como algo divertido onde
a familia pode colaborar. Ademais, pode facer máis amena unha actividade que
non soe adoita gustar aos máis pequenos. Mediante este libro poderiamos desenvolver
na aula actividades de tipo lúdico para que aprendan cómo cepillar os dentes da
forma correcta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario