martes, 21 de febreiro de 2017

O ourizo e a lebre


Aguin, Mª Carmen, O ourizo e a lebre, ilust. Pepe Carreiro, Vigo: Promocións Culturais Galegas, (de 3-6 anos), [20 pp.] (ISBN: 84-89976-92-9).


Descrición do formato e o contido: O ourizo e a lebre é un álbum ilustrado, cadrado e de tamaño medio con tapas duras. Na súa portada podemos observar a un ourizo deitado debaixo dunha árbore mirando con aire de superioridade para unha lebre que está suando e con cara de tristeza. O conto ten 20 páxinas e non todas teñen letra, pois algunhas só teñen ilustracións que achegan información relevante.
Esta obra comeza coa discusión dun ourizo e unha lebre sobre quen corría maís dos dous, entón decidiron votar unha carreira, o ourizo preocupado contoullo á ouriza e esta díxolle que a carreira ía gañala el, xa que ela se agocharía na meta para que a lebre pensase que gañou o ourizo. Cando a lebre chegou á meta xa estaba alí a ouriza e así repetidas veces, polo que a lebre ao final deuse por vencida e os ourizos riron xuntos da broma que lle argallaron a lebre.


Potencialidades: Con esta narración ensinámoslle aos nenos e nenas que nunca podemos facer sentir inferior a outra persoa por moito que pensemos que facemos ben certas cousas, xa que desta maneira estariamos subestimando aos demais e facendoós sentir mal á par que inferiores e ás veces podemos estar equivocados e as persoas poden sorprendernos coma neste caso, no que a ouriza decidiu axudar ao seu compañeiro  para darlle un escarmento á lebre. É unha obra que se inscribe nos chamados "contos de parvos e pillos", por iso é preciso facer unha reflexión ao redor de contravalores como neste caso o emprego do engano para lograr un fin.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario