xoves, 23 de febreiro de 2017

Videopoema de Rosalía


Este é un videopoema que toma como base a composición "Has de cantar" do libro Cantares Gallegos (1863), de Rosalía de Castro. Foi realizado polos alumnos de 2º curso do grao de Educación Infantil: Janet Monteiro Rocha, Sandra Rodríguez López e Carlos Rumbao Rodríguez. Música e poesía son dous recursos fundamentais para achegarlle á infancia e familiarizala dende os primeiros anos coa lírica, o ritmo, a rima e a súa sensualidade. Isto contribuirá á súa educación estética, musical e artística.   


Ningún comentario:

Publicar un comentario