martes, 14 de febreiro de 2017

El pollo Pepe

Denchfield, Nick e Ant Parker (1998). El pollo Pepe. Madrid: SM  [10 pp.] (ISBN: 978-84-3485-681-3).


Breve descrición do formato e contido: É un libro-xogo interactivo de tamaño medio (25,5 x 25,5 cm) e pop-ups resistentes. Está encadernado en cartoné. Ten textos sinxelos e imaxes que axudan a entendelo. É moi breve. Ten soamente dez páxinas e recoméndase para rapaces entre un e catro anos.
O polo Pepe come variado e por iso crece moito. Toma cebada, trigo e millo e por iso ten un gran pico, unha gran barriga e grandes patas. Ao final hai unha sorpresa xa que, aínda que el é grande, a súa nai o é moito máis.



Potencialidades
Os rapaces e as rapazas máis pequenos ampliarán o seu vocabulario referente ás partes do corpo das aves, ao tempo que o manipulan. Aqueles que xa as coñecen poden predicir as palabras e participar, deste xeito, na narración da historia. Cando xa a coñecen, eles mesmos poden contala empregando os pop-ups como soporte visual e guía para non esquecer nada. Este libro pode axudar a crear interese pola lectura. Son recomendables tamén outros da mesma colección como El pollo Pepe aprende a volar ou El pollo Pepe va al colegio

Ningún comentario:

Publicar un comentario