Amosando publicacións coa etiqueta a amizade a honradez.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a amizade a honradez.... Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

LOS ZAPATOS DE MARTA





Margarit, Meritxell e Montañá, Marta (2009). Los zapatos de Marta. Barcelona: Editorial Mediterrània, [24 pp.]. (ISBN: 978-84-89622-96-8).

Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de Meritxell Margarit e Marta Montañá de formato rectangular e tamaño 21x21 cm, composto por 24 páxinas. A cuberta do álbum presenta os tres protagonistas da historia: Marta (a nena que naceu coa espina bífida), o seu irmán Lucas e un amigo chamado Nico. Na contra cuberta do libro atópase unha breve presentación do que se vai narrar no libro por parte da Federación de Asociacións de Espina Bífida e Hidrocefalia.
A historia que se narra xira arredor dos temas como o valor da amizade, a discapacidade física,a permisividade doutras persoas diferentes, o respecto, a xenerosidade ou a aceptación. O conto trata sobre a vida dunha nena chamada Marta, a cal naceu con espiña bífida, polo tanto ten dificultades para camiñar e ten que utilizar bastóns/muletas e uns zapatos especiais. Xunto coa protagonista, están o seu irmán Lucas e o seu amigo Nico, que pasará un fin de semana na súa casa, onde percibirá as necesidades e dificultades de Marta. O autor narra a historia describindo as características propias desta discapacidade.As ilustracións son de carácter realista e sinxelas, aparecen retratadas persoas con cores moi rechamantes, utilizando fondos brancos para así resaltar as imaxes.

Potencialidades educativas: a lectura deste álbum está recomendada para todo tipo de lectores, debido a que se pode reflexionar acerca dunha situación que ocorre na vida real. Os valores que trata como a amizade, a tolerancia e o respecto son útiles para traballar nunha aula, xa que son moi necesarios. É un álbum moi beneficioso para mellorar e favorecer a capacidade de aceptar os demais dunha maneira divertida, explicando conceptos como a espiña bífida, xa que é pouco frecuente nunha aula de Educación Infantil. A protagonista caracterízase pola superación, xa que logra vencer calquera obstáculo que se lle interpoña. É unha obra que dende o punto de vista educativo e social permite abordar con gran profundidade a diversidade funcional.

Recursos educativos:
Conto ‘Los zapatos de Marta’ en versión dixital. http://anpheb.es/wp-content/uploads/2018/10/los_zapatos_de_marta.pdf (consultado o 13/04/2020).
Lectura do conto por persoas adultas, realizando unha versión animada. https://www.youtube.com/watch?v=Xzbe7cRk5w0 (consultado o 13/04/2020).
Pilar (18/02/2013). Los zapatos de Marta. Discalibros: Libros en los que la diversidad funcional de algunamanera es la protagonista. Blogspot. http://discalibros.blogspot.com/2013/02/los-zapatos-de-marta.html 
Versión animada con imaxes da obra: https://www.youtube.com/watch?v=CzJY_TixW1U&t=42s (consultado o 13/04/2020).
Versión animada da obra:https://www.youtube.com/watch?v=U1SjlligmOQ (consultado o 13/04/2020).

luns, 17 de abril de 2017

La ovejita que vino a cenar

·   
 Steve Smallman (2012) La ovejita que vino a cenar,  Editorial BEASCOA ( A partir de 2-3 años ), [32 pp.],  ISBN:  9788448824549

Breve descrición do formato e contido da obra: O conto infantil “La ovejita que vino a cenar” é un álbum ilustrado onde conta a historia dun lobo esfameado que sempre ceaba sopa de verduras, ata que un día coñeceu  a unha ovelliña e invitouna a cear ca idea de comela. Pero a ovelliña non tiña intención de ser a súa cea, porque o que quería ela era ser a súa amiga e ó final, como non podía ser de outra maneria, os dous animais fanse grandes amigos.
O tamaño é mediano, as tapas son duras e os cantos son en punta, ademáis de que non ten moito volume. Na cuberta do conto observamos o título do libro  la ovejita que vino a cenar e ao lobo mirando a ovelliña na mesa da cociña con ganas de comela e  ela observándoo con cara de medo. As ilustracións son dun tamaño mediano, tirando a grandes, onde se mostra por completo todo o que vai pasando entre eles.



Potencialidades:  É un conto que nos vai servir para traballar co noso alumnado os valores da amizade, axudar o mais débil e a solidariedade. Sentirse querido e ter xestos afectivos cos demais que aprendan a axudar, compartir e coidar ao outro, valorizando actitudes de solidariedade. Que revaloricen o valor  da amizade, intentando transmitir a importancia de ter amigos e que continúen establecendo e fortalecendo vínculos afectivos entre pares.