Amosando publicacións coa etiqueta albúm interactivo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta albúm interactivo. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2020

1001 cosas que buscar en el país de las hadas







Ficha bibliográfica

Doherty, Gill (2005). 1001 cosas que buscar en el país de las hadas. Ilust. Teri Gower, trad. Teresa Muñóz. Londres: Usborne Publishing, 32 pp. (ISBN: 978074608346-8)

Descrición e formato

Trátase dun libro-obxecto de discriminación visual, cuxa cuberta amosa unha paisaxe en tons vivos e cun fondo rosado, no cal está debuxada unha escena na que unhas fadas e trasnos bailan e tocan instrumentos no que parece unha pradería de noite. O título está centrado e escrito con fontes diferentes para destacar a palabra fadas e o número 1001. Nas marxes atópase unha pequena guía para buscar o número de obxectos que se pide, o cal nos indica que o libro en si comeza na cuberta, pois xa se pode utilizar esta escena igual que no resto das páxinas. Na contracuberta pódese ver o mesmo título xunto cunha breve explicación a modo de sinopse sobre o libro. Represéntase varios debuxos de fadas xunto cunha pequena escena na que dúas delas decoran unhas flores con grilandas de margaridas. Tamén se pode destacar que algúns elementos están decorados con papel brillante para atraer a atención dos lectores. Unha vez máis nas gardas amósase a cor rosa sen ningún tipo de deseño. 
Tras a portada o libro conta con dúas páxinas destinadas á explicación do mesmo, xunto cun índice onde se amosan as distintas escenas do país das fadas. Cun fondo de tons claros e un pequeno debuxo dunha das escenas que se presentan nas páxinas (en concreto o título é Na copa da árbore) amósase unha guía para os pequenos lectores sobre o funcionamento dos debuxos e dos números. Como engadido tamén se anima a buscar á fada Acaramelada en todas as páxinas, acompañado dun debuxo dela. 
Trátase dun álbum ilustrado no que as ilustracións pasan a ser a parte central, pois non hai apenas texto escrito. A finalidade deste libro non é contar unha historia de maneira tradicional, senón introducir ao lector/a no mundo das fadas mediante escenas e representacións da súa vida cotiá, nas que deben buscar determinados obxectos. Destácanse como exemplo o mercado máxico e o banquete das fadas, expostos nas imaxes que se mostran a continuación. 

Como engadido ao final do libro para los buscadores máis expertos propóñense certos elementos a buscar en todo o libro, acompañados das respectivas solucións e en que páxina se encontran.

Potencialidades en EI 

Este álbum ilustrado pode converterse nun excelente recurso para achegar aos nenos e nenas a unha forma diferente de utilizar os libros, pois en lugar de contar unha historia ou conto con argumento, ofrece unha interacción constante mediante a busca de obxectos. Nel pódese traballar a discriminación visual a diferentes niveis, ademais das competencias matemáticas básicas, aptas sobretodo para o alumnado de sexto de educación infantil dado que traballa coa numeración do un ao dez. 
Doutra banda tamén achega aos pequenos/as ao mundo das fadas e trasnos mediante recreacións de escenas que resultan cotiás para as persoas, ambientadas nun mundo máxico e imaxinativo, facendo así desta obra un bo recurso para incentivar a creatividade dende unha perspectiva fantástica, ademais de recrear historias segundo a competencia e intereses de cada lector/a.

Traduccións
Este álbum foi orixinalmente escrito en inglés co título 1001 things to spot in fairyland. Conta tamén coas respectivas traducións á lingua holandesa (1001 dingen zoeken in feeënland) e xaponesa.
Outros libros e recursos
Existe outro álbum ilustrado da mesma autora (Gillian Doherty) e co mesmo título, pero co engadido de que inclúe máis de douscentos vinte adhesivos. Os seus datos son: Doherty, Gillian (2015). 1001 cosas que buscar en el país de las hadas con pegatinas. Londres: Usborne Publishing, 32 pp. (ISBN: 9781409590583)

domingo, 30 de abril de 2017

EL LIBRO INQUIETO

Mendo Valente, Miguel Ángel, Los Krickelkrakels, El libro inquieto, ed. Kokinos, [80pp.], (ISBN: 978-84-92750-64-1).

Breve descripción del formato y contenido de la obra: Cuento ilustrado en el que en cada página el elctor tiene que interectuar siguiendo las indicaciones que en ella se pide.
Un libro interactivo: el lector convierte a una rana en un príncipe al darle un beso, ayuda a un paracaidista a aterrizar al darle la vuelta al libro, y consigue que avance la barca de la Osa Paula cuando agita el libro para hacer olas. Un libro realmente especial, que anima al lector a que utilice los cinco sentidos.




Potencialidades.Libro interactivo que el lector hará que cobre vida con sólo croar, frotar, cantar y soplar con todas sus fuerzas. Un libro en el que se podrán encontrar las más sugerentes actividades, con grandes sorpresas al pasar cada página. Muy divertido.

martes, 25 de abril de 2017

CATUXA QUERE SABER

CATUXA QUERE SABER

Concha Blanco (...), Catuxa quere saber, ilust. Dani Padrón, España: Editorial Everest Galicia, (a partir de 5 anos), colección: leer é vivir, [34 pp.] (ISBN: 978-84-403-1216-7).

Breve descrición do formato e contido da obra:











Álbum ilustrado e interactivo de tapas blandas e con pouca voluminosidade. 
A cuberta está dividida en dúas cores (branca e verde escuro), no centro desas dúas cores aparece unha imaxe da protagonista do libro, Catuxa, e xusto enriba dela, a man dereita, atopámonos co título da obra xunto co nome da autora, o nome do ilustrador e co nome da colección á que pertence. Na parte inferior dereita aparece en pequeniño o nome da editorial.
Na contra cuberta, a cor predominante é o laranxa. Nela podemos visualizar unha imaxe do boneco preferido de Catuxa, unha xirafa, é xusto debaixo, un breve resumo do que vai tratar o libro. Na parte esquerda é en sentido horizontal esta escrita a páxina web da colección de libros á que pertence esta obra e na parte inferior volvemos a observar o nome da editorial xunto co nome de tres aspectos que se están a tratar no libro (Valores, medio social e medio cultural).
Con respecto ao que agocha o seu interior, o mais divertido do libro, ao meu parecer, son as imaxes. Todas elas están cargadas de cor e de vida. Hai texto nas en ambos lados das dobres páxinas e moitas veces é o texto o que se axusta aos debuxos, por exemplo, se no debuxo hai auga pois o texto está escrito en forma de pequenas ondas. Tamén nos atopamos con algunha onomatopea, por exemplo co son que emiten os grilos (cri cri cri).

Potencialidades: 








Seguindo co que di unha das frases da contra portada do libro “Os nenos de agora, coma os de sempre, desexan saber cousas que procuran a través dos máis grandes” pois ben, esta breve oración estanos a desvelar o obxectivo fundamental da obra. A autora o que pretende con este texto é nin máis nin menos que tentar darlle resposta a moitas das dúbidas que lle poden acontecer a un neno ou incluso a un maior. Todos nos facemos preguntas, día si e día tamén nos atopamos con cousas ao noso arredor que non sabemos o que son ou para que se utilizan, e nesta obra, a través dunha pequena protagonista, ímonos dar conta de que preguntar é marabilloso. Aínda que as veces non podamos atopar resposta, o mere feito de reflexionar é algo moi bo que non debemos deixar de facer.
O libro conta con numerosos recursos, dende as imaxes, cada unha mellor ca anterior, cheas de cor e de alegría, ata as formas que van tomando as palabras escritas por riba ou a carón dos debuxos para así darnos unha sensación de movemento, de vida.
A autora, tamén é capaz de engadir algunha onomatopea para que así podamos imaxinarnos aínda mellor o son que emite o animal do que estamos a falar. E por si fose pouco, tamén aparece un recurso tan importante como o da familia. As historias que conta o avó de Catuxa, poden ser historias que nos contaban a nós os nosos maiores, o debuxo de Catuxa sentada nas pernas do seu avó e tócanos dende tan preto que incluso podemos imaxinarnos que somos nós os que estamos sentados nesas pernas, sentíndonos tan pequeniños no colo dun maior sabendo a protección que nos aporta. A figura materna tamén cobra un papel moi importante, as preguntas que lle fai Catuxa a súa nai pensando que terá resposta para todo.
Este libro está cargado de emocións, de sentimentos, de historias... ¡Anímate a lelo!   


UN PUNTO ROJO

UN PUNTO ROJO

David A. Carter (2004), Un punto rojo, producción. White Heat Ltd, USA: Edición Combel Editorial, S.A, (a partir de 3 años), [18 pp.] (ISBN: 84-7864-914-X).

Breve descripción do formato y contenido de la obra: 

 

Álbum ilustrado e interactivo, de tamaño y volumen medio, y cantos redondeados.
La cubierta, en el centro, muestra un punto muy grande y rojo que con el reflejo de la luz brilla como si tuviese purpurina. En el centro de dicho punto aparece el título de la obra en color amarillo y en letras de gran tamaño. En la parte central superior y en letra pequeña y roja, aparece el nombre del autor, y en la parte central inferior, aparece una frase con el mismo color y tamaño que las letras del nombre del autor.
La contraportada vuelve a ser un punto rojo, esta vez sin brillos, y en el que podemos encontrar un breve resumen de lo que trata el libro junto con tres imágenes de figuras que encontraremos en su interior.
El interior está formado por dobles páginas de diferentes colores y con increíbles y diversas construcciones de papel. En todas las dobles páginas excepto en una, podemos encontrar una sola figura. Al abrir cada página cada figura toma forma y se abre para dar lugar a diferentes obras de arte contemporáneo. A su vez, cada doble página tiene una frase, en color plata, que va desde un lado de la página hasta el final de la siguiente.

Potencialidades








Como bien dice la frase de la portada del álbum, “éste es un libro lleno de sorpresas para pequeños y mayores”. Y por si esto nos pareciese poco, la contraportada continúa dándonos alguna pista sobre lo que nos vamos a encontrar en el interior de éste mágico libro “¿Dónde se esconde el punto rojo? Descúbrelo en cada doble página entre increíbles construcciones de papel. Un acercamiento al arte contemporáneo, un repaso a los números del uno al diez y un entretenimiento inolvidable”
Normalmente, cuando coges esta obra y la abres por primera vez, lo que más acapara tu atención es encontrar el punto rojo que aparece en todas las páginas y que unas veces resulta sencillo de localizar pero que otras no tanto. Después, cuando ya has encontrado todos los puntos y decides preocuparte más sobre el contenido del libro, te das cuenta de que ésta obra es mucho más que un punto rojo. Cada construcción de papel, está colocada de forma que puedas practicar los números del uno al diez de una forma divertida y sin darte casi cuenta.
La primera doble página esconde “una caja un poco loca” pero es que la cuarta página te muestra “cuatro inquietas ventanas” y así sucesivamente hasta llegar al número diez. Por si esto fuese poco, tanto la cuarta como la quita figura nos implican, aún más si cabe, en la interacción del lector con el libro, ya que es necesario mover un cartón para que las figuras cobren movimiento, algo que ayuda a mantener la curiosidad hasta el final. En la sexta página nos encontramos con un recurso sonoro ya que al abrir dicha página, “las sierras ruidosas” no te dejaran desconectar de lo que estás descubriendo.
Con esta obra, el autor deja claro que el objetivo de la misma no es otro que el de captar la completa atención e intriga tanto de pequeños como de mayores sobre lo que nos depara cada página, dando rienda suelta a la imaginación y sin dejar de lado el aprendizaje, en este caso, de los números y el arte contemporáneo.
¡Atrévete a descubrir algo nuevo! ¡Atrévete a encontrar puntos, a contar hasta diez y a apreciar el arte en papel!
 





SER AMIGOS

SER AMIGOS

Arianna Papini (2012), Título orixinal: É una parola, ilust. Arianna Papini, Italia. Tradución: Manuela Rodriguez, Kalandra editora (2013) Colección: demademora, [28 pp.] (ISBN: 978-84-8464-814-7).

Breve descrición do formato e contido da obra:

 
Álbum ilustrado e interactivo de tapas duras e de tamaño cadrado, con pouca voluminosidade. 
Tanto a cuberta como a contra cuberta están ligadas entre si xa que a imaxe vai dun lado ao outro ocupando así as dúas partes da encadernación. Nelas podemos observar a imaxe dunha balea cun sapo asomándose tra-la súa cabeza. Na cuberta aparece na parte central superior o nome do libro Ser amigos, en letras vermellas e maiúsculas e xusto debaixo o nome da súa autora. Na parte inferior dereita e en letra moi pequeniña atopamos o nome da editorial.
Na contra cuberta, ademais da cola da balea, atopamos na parte superior esquerda e en letras pequenas e brancas, o nome da colección.
Neste caso, nin a cuberta nin a contra cuberta nos dan ningún tipo de pista sobre o que imos a atopar no interior do libro.
O seu interior está cheo de preciosos debuxos con moita cor é moi semellantes a realidade que representan. Todas as imaxes son de diferentes animais que ademais de ser moi realistas esteticamente, tamén tratan de selo á hora de ser equitativos co tamaño, é dicir, os tamaños dos animais, son proporcionais os uns cos outros. Os debuxos, sempre están colocados na parte dereita da dobre páxina mentres que o textos, formado por frases moi curtas, sempre ocupa o lado esquerdo.

Potencialidades









Tendo en conta a frase coa que comeza a obra “Ser amigos é...” xa nos podemos imaxinar de que vai tratar o contido da mesma.
Neste conto, os protagonistas son os animais que aparecen nela, pero a súa vez, a autora tamén nos fai protagonistas aos lectores. Todo o contido do libro está dirixido a todo o mundo, a pequenos pero tamén a grandes. O relato do que a palabra “amizade” significa é tan fermoso como real, é algo que nos atopamos día a día nas nosas vidas, algo que nos fai medrar como persoas.
Ademais da potencialidade principal da obra, de facernos conscientes do que é ser amigos, a autora non deixa de lado outros aspectos como por exemplo adiviñar cales son os animais que aparecen nas páxinas, os cores dos mesmos e como non, tamén os tamaños, xa que como ben dixen na breve descrición, están moi compensados os uns cos outros.
Volvendo ó tema principal do libro, tamén nos atopamos con valores tan importantes como a tolerancia, algo que hoxe en día fainos tanta falta, “ ser amigos é non darlle importancia ao noso aspecto”.
Unha potencialidade máis, tamén sería a repetición, xa que xogando coa frase que da comezo ao libro “ser amigos é...” a mestra ou a persoa que estea contando o conto ós mais pequenos, a pode aproveitar para que a repitan antes de dicir a nova frase.
A súa vez, tamén podemos facernos preguntas, preguntas tales como ¿quen son os meus amigos? ¿como son cos meus amigos?...
¡Adiante, atrévete a reflexionar!




sábado, 22 de abril de 2017

UN DÍA EN LA GRANJA

DER MEER, Van (1998), Un día en la granja, ilust. Fran Thatcher, trad. María José Guitián, Madrid: SM, (de +5 años), [5 pp.] (ISBN: 84-348-6152-6).


Breve descripción de formato y contenido de la obra: Es un álbum ilustrado interactivo tridimensional que cuenta en su interior con seis personajes, más de 30 animales, carteles para indicar los precios, un tractor y un librito con actividades este el que contiene 5 páginas. El álbum es de tamaño mediano, de tapa dura, puntas agudas y se puede desplegar. En esta cubierta aparece la granja, con todos los personajes, animales, arboles, frutos y una tiendita. El título está en la parte de arriba, centrado y en letras mayúsculas. La cubierta se divide en dos partes, la cual se puede abrir por el medio con una cinta que trae el álbum. En la contracubierta podemos observar otras escenas dentro de la granja y el contenido de este libro. Al abrir el libro nos encontramos con el contenido ya mencionado anteriormente, guardado en pequeñas bolsas individuales, sujeto con dos tiritas para que al terminar de jugar con él, se vuelva a guardar estas piezas en su lugar y no perderlos. Al quitar todo este material de adentro, podemos desplegar el libro, el cual nos va quedar con forma de una granja tridimensional, y en la cual tienes que ir colocando los personajes y los animales a tu gusto.
 
 
En este álbum tienes que colocar los personajes y los animales en la granja, buscar el gallo escondido tras la tienda, escribir los precios de los productos de la tienda, armar la tienda, entre otras muchas más actividades...
Potencialidades: Como se indica en la propia contracubierta es un libro “en el que puedes divertirte durante horas”. Cuenta con docenas de actividades para realizar con cada personaje, con cada animal, contar huevos, animales y escribir números, saber que animales hay en una granja, qué productos obtenemos de allí, identificar diferentes instrumentos de la granja. Favorece la imaginación y la creatividad inventando tu propia historia o guiarte por el librito con las actividades propuestas Puedes jugar solo o acompañado. Aprendes a ser ordenado y cuidadoso.