SER AMIGOS
Arianna
Papini (2012), Título orixinal: É una parola, ilust. Arianna Papini, Italia. Tradución: Manuela Rodriguez, Kalandra editora (2013) Colección: demademora, [28 pp.] (ISBN:
978-84-8464-814-7).
Breve
descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado e
interactivo de tapas duras e de tamaño cadrado, con
pouca voluminosidade.
Tanto a cuberta
como a contra cuberta están ligadas entre si xa que a imaxe vai dun lado ao
outro ocupando así as dúas partes da encadernación. Nelas podemos observar a
imaxe dunha balea cun sapo asomándose tra-la súa cabeza. Na cuberta aparece na
parte central superior o nome do libro Ser
amigos, en letras vermellas e maiúsculas e xusto debaixo o nome da súa
autora. Na parte inferior dereita e en letra moi pequeniña atopamos o nome da
editorial.
Na contra cuberta,
ademais da cola da balea, atopamos na parte superior esquerda e en letras
pequenas e brancas, o nome da colección.
Neste caso, nin a
cuberta nin a contra cuberta nos dan ningún tipo de pista sobre o que imos a
atopar no interior do libro.
O seu interior está
cheo de preciosos debuxos con moita cor é moi semellantes a realidade que
representan. Todas as imaxes son de diferentes animais que ademais de ser moi
realistas esteticamente, tamén tratan de selo á hora de ser equitativos co
tamaño, é dicir, os tamaños dos animais, son proporcionais os uns cos outros.
Os debuxos, sempre están colocados na parte dereita da dobre páxina mentres que
o textos, formado por frases moi curtas, sempre ocupa o lado esquerdo.
Potencialidades
Tendo en conta a
frase coa que comeza a obra “Ser amigos é...” xa nos podemos imaxinar de que
vai tratar o contido da mesma.
Neste conto, os
protagonistas son os animais que aparecen nela, pero a súa vez, a autora tamén
nos fai protagonistas aos lectores. Todo o contido do libro está dirixido a
todo o mundo, a pequenos pero tamén a grandes. O relato do que a palabra
“amizade” significa é tan fermoso como real, é algo que nos atopamos día a día
nas nosas vidas, algo que nos fai medrar como persoas.
Ademais da
potencialidade principal da obra, de facernos conscientes do que é ser amigos,
a autora non deixa de lado outros aspectos como por exemplo adiviñar cales son
os animais que aparecen nas páxinas, os cores dos mesmos e como non, tamén os
tamaños, xa que como ben dixen na breve descrición, están moi compensados os
uns cos outros.
Volvendo ó tema
principal do libro, tamén nos atopamos con valores tan importantes como a
tolerancia, algo que hoxe en día fainos tanta falta, “ ser amigos é non darlle
importancia ao noso aspecto”.
Unha potencialidade
máis, tamén sería a repetición, xa que xogando coa frase que da comezo ao libro
“ser amigos é...” a mestra ou a persoa que estea contando o conto ós mais
pequenos, a pode aproveitar para que a repitan antes de dicir a nova frase.
A súa vez, tamén
podemos facernos preguntas, preguntas tales como ¿quen son os meus amigos?
¿como son cos meus amigos?...
¡Adiante, atrévete
a reflexionar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario