PRIMERAS LECCIONES
DISNEY; Editorial: LibroDivo; Colección: Primeras lecciones disney
classic;
Distribuído por: E.S.S.A. Pol. Lintzirin- Gaina, B3
(Guipúzcoa);Impreso en Vietnam
(ISBN: 978-84-15557-12-8)
Breve descrición do formato
e contido da obra: Este
libro está formado por dúas cubertas de cartón duras. A principal, presenta
plasmada a imaxe do protagonista da historia, é dicir, Mickey Mouse. Aparece
case na totalidade da portada, deixando menos visto o título do libro e a
editorial.
Na parte superior esquerda da portada, aparece o título do conto. As letras
non son moi grandes, e están nun color que non resulta moi visible. Tanto as
cubertas como as páxinas do interior non están completas, xa que na parte
superior dereita ten a forma das orellas de Mickey, é dicir, en forma máis
circular.
As páxinas conteñen imaxes de Mickey e os seus amigos, as cales, ocupan
case a totalidade das follas. Estas están relacionadas coa pregunta que se lle
fai nesa mesma páxina, para que así, aos máis pequenos lle resulte máis doado,
adiviñar ou recoñecer a resposta á pregunta.
Na parte superior de todas as páxinas aparece a pregunta que se lles fai
aos nenos para que adiviñen e ao mesmo tempo aprendan os diferentes conceptos
que presenta o libro. Sen embargo, na parte de abaixo das imaxes dos personaxes
aparece a resposta á pregunta que se lle fai anteriormente, para que así, se se
confunden poidan auto corrixirse eles mesmos, ou con axuda de alguén.
O texto é moi breve, tanto nas preguntas como nas respostas, para que así
os nenos non lle resulte complicado entender o que lle están preguntando nin o
que teñen que contestar.
Este libro vai recorrendo un camiño por moitos conceptos que os máis
pequenos e pequenas teñen que saber a medida que van crecendo. Para que lles
resulte máis entretido faino coa axuda de Mickey Mouse e os seus amigos, xa que
aos nenos son uns personaxes que lle soen gustar moito.
Vai facéndolle preguntas aos nenos e as nenas, para que estes respondan correctamente
seguindo unha serie de conceptos que deben de saber, como son os números, as
cores, as formas... En cada un destes
conceptos aparece un dos amigos diferentes de Mickey Mouse, incluso en algúns,
aparece este último.
Potencialidades: Gracias a este marabilloso
e fantástico libro, os máis pequenos aprenderán en compañía de Mickey Mouse e
os seus amigos.
Descubrirán novas palabras e nocións como as cores, as
formas, os apostos, os números… Isto serviralle para traballar as súas
destrezas, a súa rapidez á hora de recoñecer
os obxectos ou o que se lle pida que faga, e para fomentar a súas
axilidade mental.
É un fantástico libro para emprender unha fermosa e
fascinante viaxe ao mundo do coñecemento!.
Tamén resulta moi interesante para os nenos e nenas, xa
que como están aprendendo pódense equivocar en algo, ou ao contestar algunha
das preguntas que se lles propoñen no libro, por iso, tamén aparecen nas mesmas
páxinas a resposta á pregunta, polo que así
eles mesmos se poden auto corrixir e ver os seus propios erros, ou se o
precisan con axuda de alguén.
Está feito para traballar con nenos a partir de 2 anos,
polo que é moi sinxelo e moi doado realizar actividades con el, e resolver as
cuestións que trae o propio libro. Tamén os bordes do libro están feitos e
pensados para traballar cos máis pequenos, xa que con están feitos dunha
maneira para que os nenos e nenas non se manquen nin eles nin entre eles se se
dan con el na cara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario