Portis, Antoinette, Non é unha caixa,
ilust. Antoinette Portis, trad. Chema Heras e Pilar Martínez, ed. Factoria K de
libros, [32pp.], (ISBN: 979-84-96957-21-3).
Breve descrición do formato e contido da
obra: Pequeno conto de tapas duras que semellan as
tapas dunha caixa de cartón. Nas páxinas situadas á esquerda só aparece unha
frase que fai referencia a caixa. Nas páxinas da dereita móstranse os debuxos
dun coello co que el imaxina que é a caixa.
Unha caixa é
soamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montala ata
un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralle aos lectores que unha
caixa pode ser todo o que a súa imaxinación lles permita.
Potencialidades. Este libro abre as portas á imaxinación dos nenos. O conto saca toda a
potencialidade que ten unha caixa. En contraposición está a realidade coa que
os adultos ven soamente unha caixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario