HOXE IMOS... Ó ZOO
Ilustración: Jordi Busquets;
Versión en galego: Cruz López;
Editorial: Edicións do Cumio
(ISBN: 84-8289-148-0)
Breve
descrición do formato e contido da obra: Este conto conta con dúas pastas
de cartón duro, como cubertas do libro. A primeira de elas, é moito máis pequena
que a última, xa que a medida que avanza o conto cada páxina ten unha forma
diferente. A cuberta principal, conta coa imaxe dun dos animais que aparece no
libro, e por riba de esta, podemos ver o título do conto. Unha parte do título,
aparece moito máis grande que as outras letras, e en maiúscula, para que os
nenos fagan fincapé no tema sobre o que van a traballar.A letra ocupa pouco menos da metade da cuberta, xa que o
resto da páxina está ocupada pola imaxe. Na parte inferior dereita, aparece a
idade á que está destinado. Neste caso abarca entre os 2 e os 4 anos.
O libro está composto por páxinas duras, ao igual que a portada
e o final. Nelas están representados diferentes animais a través de imaxes. Por
debaixo ou por riba de cada unha destas imaxes mencionadas anteriormente,
aparece o nome que lle corresponde a cada un dos distintos animais.
O texto e bastante breve, aparece escrito en maiúsculas
para que os nenos teñan maior facilidade para léelo. As imaxes son bastantes
rechamantes polo que os nenos prestaranlle máis atención e gustaralle máis
traballar co libro.
Con este libro, os nenos e nenas aprenden os nomes dos
diferentes animais e o hábitat no que se desenvolve cada un deles, xa que en
todas as páxinas, cada un deles aparece no entorno no que vive ou no que está
acostumado a estar.
Potencialidades: Este libro a través
dos seus índices recortados e de cores rechamantes, atraen a atención dos máis
cativos e espertan a súa curiosidade por descubrir o que se agarda detrás de
cada un dos índices.
Con este libro, os nenos tamén poden aprender e coñecer
os nomes dos diferentes animais que aparecen dentro del.
Ao ser desproporcionado e non ten todas as súas páxinas
iguais, é dicir, de igual tamaño e forma, aos nenos resultaralle máis sinxelo e
divertido traballar con el, ao igual que traballar os contidos que proporciona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario