sábado, 29 de abril de 2017

A lúa ladroa

Albo, Pablo (2010), A lúa ladroa, ilustr. Pierre Pratt, editorial: OQO, (+3 anos) [28 pp] (ISBN: 978-84-9871-303-9)

85 LUNALADRONA gal.jpg


Formato: trátase dun álbum ilustrado, tapas duras e forma cuadrada. Nas ilustracións non predomina unha cor determinada, apréciase unha gran variedade. A historia está ambientada na noite: o ceo ten tons azuis que van de máis escuro a máis craro de forma gradual, a lúa e branca con pinceladas azuis que marcan os seus rasgos faciais. O resto das cores nas que aparecen as casas, personaxes e obxetos son vivas e diversas. O estilo de debuxo é sinxelo pero con moita personalidade, os planos de perfil predominan e os narices son enfatizados.

LUNALADRONA 03 pep_1.jpg


Contido: unha nena recorre toda a casa buscando o seu chupete, mais non o encontra. O que atopa é o seu vello coello de peluche,o cal lle di que seguramente llo robou a lúa, porque ésta non chora. Ó final a nena olvídase de pedirllo e decille regalarllo, pensando que xa non o necesita.

Potencialidades: tratase o tema da maduración e de como a nena chea o baleiro do chupete co coello de peluche. Podemos traballar con este conto o reto de deixar o chupete, o cal pode ser moi complicado para os máis pequenos. O chupete ten unha forte carga simbólica e afectiva, é moi común que so nenos teñan dependencias afectivas cara certos obxectos. Este libro pode ser unha ferramenta tanto para os pais como para os profesoniais da educación infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario