O soño de Esther (galego), autor : Miguel Ángel Alonso Diz, Ilustrador :(Luz María Beloso Rodríguez), editor: Nova Galicia Edicións (11 abril 2014), ISBN-10: 8415164890, ISBN-13: 978-8415164890.
Breve descrición do formato e contido da obra: é un conto narrativo de 48 páxinas. En cada secuencia narrativa aparecen debuxos. En canto a encadernación, trátase dun formato rectangular e con cantos rematados en punta. No referente a as cubertas do conto hai que dicir que son de tapa dura. Na portada xa podemos ver como aparece un debuxo dunha nena durmindo, é o caso da nosa protagonista Esther. O título da obra vai enriba do debuxo
Dentro do soño de Esther barállase a idea de que o coñecemento é o contrario do medo. A protagonista do conto, neste caso Esther, atopará nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso. Grazas a ela consigue escapar dunha terrible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o que quere destruir o seu paso.
Potencialidades: a través da lectura deste conto, os/as cativos/as achegaranse e reforzaran o emprego das vogais, o reforzo dos números e mesmo o recoñecemento dos puntos cardinais a través dunha historia entretida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario