mércores, 26 de abril de 2017

Metzmeyer, Catherine (2000), Tina y Toni en la escuela, iluts. Marc Vanenis, Francia: Casterman.  (+4años), [15 pp.]. (ISBN:2-203-75116-9).

Breve descripción del formato y contenido de la obra.
Albúm ilustrado de pouco volumen, tapa dura e un pouco grosa, de formato cadrado. A cuberta presenta o título do conto e una ilustración dos que se supón que son os dous personaxes principais. Na contracuberta atopamos os demais títulos dos cales se compón a colección e una pequeña ilustración de dous nenos, Tina e Toni.
Na ilustración da cuberta vemos a Tina e Toni, dous irmáns, que aparecen con folios, tres pinceles de pintura, Tina aparece con un mandilón amarelo manchado de pintura e Toni aparece con un mandilón azul suxetando os folios. O título está situado na parte superior da cuberta en letras azuis, e debaixo un subtitulo en letras máis pequeñas e en amarelo que di “En la escuela”. Na parte inferior aparece o nome da autora e do ilustrador, en no marxe inferior dereito aparece o nome da editorial sendo esta Casterman.




















No interior do libro o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares, situado sempre na parte inferior da páxina para así poder ver as ilustracións enrriba. As cores das ilustracións son vivas, conta con moito colorido diferentes para así chamar a atención dos máis pequenos. Tamén destacan as sombras que teñen algún debuxos e  intensidade das cores a utiliza tanto nos pequenos detalles coma nos máis grandes.
O contido trata sobre dous irmáns Tina e Toni que como cada día están facendo as suas tarefas en clase, cando de supeto entra o conserxe cunha gran caixa a cal deixa nunha mesa. Os pequenos e pequenas comezaron a facer un montón de preguntas sobre o contido da caixa, pero a mestra quería que esperasen un anaco mentres iban ao recreo.  No recreo cada un dos nenos e das nenas comezou a sacar as súas propais conclusión sobre o que podría haber dentro da caixa. Tina non quería esperar e decidíu ir as escondidas a descubrir o gran secreto pero cando estaba a punto de descubrilo un sonido tal como “pip pip pip” asustouna e salíu correndo. Convenceu aos seus compañeiros para ir todos xuntos pero de esta vez a porta da clase estaba pechada, pero abriuse nun intre e saíu a profesora facendos pasar e poder ver a sorpresa. Cando abriron a caixa, viron que era un ordenador para poder utilizar na clase.








Potencialidades.

Este libro pode axudar aos máis pequenos a iniciarse na lectura xa que como se citou anteioremente o libro está composto maioritariamente de ilustración que os poden axudar coa historia. A maiores tamén axudar a mostrarlle aos nenos e nenas como teñen que ser responsables e ceñirse ao que o profesor lles di, como neste caso, vemos como Tina desobece as ordes da súa profesora e entra na clase para ver cal é a sorpresa.  Podemos traballar dende un punto de vista de como os nenos e nenas tería que actuar neste tipo de situacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario