Pontevedra: Kalandraka,(+3), [32pp], (978-84-8464-826-0).
Breve descripción do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de Kalandraka, ten un formato cadrado cunha dimensión de 32x32 cm,é de fácil manexo para os máis cativos. As cubertas son de material duro feitas de cartón, diferenciándose das páxinas do libro, que son de papel. Por unha banda, na cuberta aparece debuxo dun home tumbado na herba dun campo cun neno sentado enriba da súa barriga o cal observa,o nome da autora, ilustrador,editorial e por último en letras brancas e maiúsculas o título do álbum. E na contracuberta, aparece o ISBN e unha frase que di: ¿E a min ninguén me agradece? polo que nos podemos facer unha idea previa de que pode tratar o libro.
O álbum comeza e remata cunhas gardas cas mesmas ilustracións, no cal podemos observar unha estrada polo que vai un autobus é ao redor árbores e edificios en cores pasteis coma se dunha cidade se tratase. A partir de aquí introducímonos nunha historia de 32 páxinas onde nos narran o conto en primeira persoa con frases breves,describen o que o pr aprendeu a traves dos consellos que as persoas que pasarón pola súa vida lle deron (familia, veciños, profesores, amigos) como por exemplo: "O meu pai ensinoume a ter paciencia", "Coa miña veciña dona Rosa aprendín a escoitar"etc, rematando cun grazas por todo o que lle ensinaron. É un fermoso canto a sabiduría popular.
Asimesmo, o libro conta con pouca letra e as ilustracións estan feitas a base de trazos soltos e cores luminosas as cales reflicten esceas hogareñas que trascurren no campo e na cidade, encontros con xente moi diversa coa que se interactúa día a día en espazos moi variados, nos cales nos trasmiten positividade.
Pontencialidades:
Grazas, e un mensaxe dirixido a todas aquelas persoas que pasan pola nosa vida e contribuen á nosa educación, axudándonos a forxar o noso xeito de ser e actuar na sociedade: a familia, os amigos, o vecindario e a escola,
Con este libro, os nenos/as coñecerán leccións de vida, ligadas á educacion sentimental e emocional que calquera pode afrontar na súa vida diaria. A partir do xogo dos contrarios, preguntamoslles aos cativos se coñecen algún consello que a súa familia lle derón:¿aprender a ser pacente ou impacente, a madrugar ou vaguaer, a formar parte dun equipo ou ser único, a ser prudente ou ser valente?. Unha vez rematen, explicaremoslles que todas esas palabras son aprendizaxes que sempre están ligados a persoas concretas como unha avoa, un pai, un irmá etc, e por tanto, é importante que aprendan a dar as grazas por todas aquelas palabras que nunca se borrarán da súa memoria xa que van formar parte da súa vida para sempre.
Pareceme un libro moi axeitado para traballar en educación infantil onde podemos fomentar valores tan importantes como dar as grazas, ademáis coñecerán diferentes consellos que os adultos lle dan ao protagonista nos cales podemos traballar os aprendizaxes que obtieveron a partir das diferentes persoas que pasarón pola súa vida fomentando desta maneira un aprendizaxe enrequecedor e significativo.
¡Somos o espello do que os nosos maiores inculcaranos desde a nosa infancia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario