domingo, 30 de abril de 2017

1,2,3 CONTANDO


VVAA (2014), 1,2,3 Contando. Un libro despregable para barrigolas, ilust. Maxine Davenport e Cindy Roberts, Vigo: Engaiolarte Edicións, (+ 3 meses) [12 pp.] (ISBN 978-84-942388-2-6)



Descrición de formato e contido: volume de pequeno formato (18,5 x 18,5cm), de cantos redondeados e páxinas de cartón duro. É un libro despegable. Mantén a mesma estrutura en todas as súas páxinas: cada páxina está enmarcada por unha cenefa de cuadrículas negras e brancas e ,nas páxinas dos números impares o fondo é de cor branca e o texto de cor negra  e nas páxinas dos números pares é o contrario, o fondo negro e o texto branco; os debuxos son de cores vivas e brillantes.  En cada páxina o número en cifra, ben negro ou branco, está situado na esquina superior esquerda, os debuxos (tantos como a cifra referida na páxina)  repártense polo resto da páxina e na parte inferior está o texto do número e dos debuxos dos obxectos ou animais representados.

Este libro mostra os números dende o  1 ata o 10  representándoos  en cifra e tamén en palabra xunto cos nomes dos obxectos ou animais que se contan nos debuxos:  6, seis pelotas; 7, sete  bolboretas; 8, oito agasallos; 9, nove peixes e 10, dez flores.



Potencialidades: Como se indica na propia contraportada “achega a túa crianza aos números e primeiras palabras con este libro despegable. Co fin de favorecer o desenvolvemento visual do bebé, as imaxes, facilmente recoñecibles e de cores vívidas, axúdano a aprender  xogando”. Este libro está deseñado para o recoñecemento visual dos números relacionándoos cuns obxectos ou animais polo que se facilita aos nenos a aprender a contar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario