Abuelos (2006), Autor: Chema Heras, Editorial: S.L.KALANDRAKA EDITORA, Lengua: castellano, ISBN: 9788484645139.
Breve descrición do formato e contido da obra: este é un conto narrativo de 40 páxinas. En cada secuencia narrativa aparecen imaxes coas que nos permite entender millor e seguir o fío da historia. En canto a encadernación, trátase dun formato rectangular e con cantos rematados en punta. No referente a portada, as cubertas do conto hai que destacar que son de tapa dura. É na portada onde xa vemos o debuxo dunha parella de anciáns agarrados das más. En canto o título da obra vai enriba do debuxo.
Este conto narra a historia dunha parella de velliños, Manuel e Manuela, que aceptan con naturalidade o paso dos anos. Manuela é coqueta como unha meniña e a Manuel encántalle bailar con ela. A través dunha estructura acumulativa e un texto poético, "Abuelos" ensínanos a encontrar a beleza a través dos ollos do amor, móstranos todo o cariño que pode haber nun corpo cando este se vai marchitando e descúbrenos as ventaxas de vivir cun sorriso nos labios.
Potencialidades: a través da lectura desta historia, podemos decir que este conto transmite valores como a importancia do amor, de amar e sentirse amado cos nosos seres queridos, de valorarse en todo momento e sobre todo aceptarse sempre tal e como somos, a pesar do paso dos anos.
Encántame este libro, como nos abre as portas cara á felicidade que atopamos nos ollos desas innumerables parellas de avós que despiden amor e sinxeleza por cada poro da súa enrrugadiña pel. Para mostra: «...Entonces, la abuela miró muy dentro de los ojos del abuelo, y vio que también él tenía...»
ResponderEliminar