Antón e
O Apalpador
Breve descripción do formato e
contido da obra: É un conto sobre un neno chamado Antón e o Apalpador, un
personaxe típico das tradicións do Nadal na Serra do Courel. O Apalpador, tamén
coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca Terra de Trives, é na zona do este
de Galicia, a figura mítica dun carbonero que según indica a tradición na noite
do Nadal baixaba das montañas e apalpaba o ventre dos nenos para ver se estes
comeran suficientemente durante o ano, deixando un montón de castañas,
barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban
ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha
presa de castañas.
Para tranquilizar aos nenos e
nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:
“Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo”.
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo”.
O conto está
protagonizado por un neno da cidade, chamado Antón, que fai unha viaxe
alucinante o corazón do Courel para pasar as vacacións de Nadal coa súa madriña,
onde vivirá unha gran aventura e coñecerá a un personaxe mítico da Nadal
Galego. Alí tendrá a ocasión de coñecer ao mítico carboeiro que visita aos
nenos nas últimas noites do ano para comprobar se están ben alimentados con
presadas de castañas e agasallalos con xoguetes artesanais con madeira,
pedra, cartón de maneira respetuosa co medio ambiente.
O libro contén varias
páxinas con xogos e actividades para que os lectores aprendan máis cousas sobre
o Apalpador e o seu entorno tradicional.
Un fantástico personaxe do que
falan antigas cantigas do Courel, agarda a Antón no máis fondo da devesa a onde
se chega na procura das estrelas.
A nosa terra
está chea de referencias ao Nadal, a figura tradicional como o Apalpador, é un
tempo que reservamos á familia, ás amizades, á recuperación dos valores que
este tempo representa. O Apalpador, é un personaxe
típico das tradicións de Nadal da Serra do Courel. Este persoaxe despois de
permanecer durante moito tempo no esquecemento continúa gañando popularidade
entre o público infantil no que se recrea a historia deste peculiar Papá Noel
autóctono.
Este fabuloso
álbum acerca os nenos e nenas a coñecer a importancia de recuperar as nosas
tradicións galegas que se encontra cheo de contos, historias e cantigas.
Grazas a este conto os permitirá os nenos a interesarse polas costumes, festas o
as tradicións do seu entorno máis próximo. Outra das cousas que nos pode
aportar este conto os nenos son os coñecementos sobre as tradicións anteriores e
así poder comprender aspectos da vida cotidiana pasada oo elementos que se
identifiquen como membros dunha
comunidade. Desta maneira a tradición infantil, neste caso do época do Nadal, é
portadora duns valores lingüísticos- literarios para o desenrrolo do linguaxe e
que teña un tratamento especial na etapa escolar.
Ten, ademais, uns xogos de pintar, buscar, andar por un
labirinto para facer que o pequeno lector reforce máis, se cadra, o lido ou
escoitado na historia. Este curioso personaxe que forma
parte da nosa tradición popular e que debemos coñecer, pois enriquece un pouco
máis esa serie de personaxes máxicos que transitan polo noso Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario