Ugalde, Felipe (2009). UN GRAN SOÑO, ilust. do autor, trad. Manuela Rodríguez, Vigo: Kalandraka. [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-655-6 ).
Descrición do
formato e o contido: Álbum
ilustrado, de formato retangular (27x21). A cuberta e a contracuberta son en
tonos azulados como o resto do libro, e nela aparece a foto coa que acaba o
libro, na que aparece o universo cos planetas e as estrelas, ao partir destas pódese
pensar que a trama do libro e totalmente diferente a como é en realidade. En
todo o libro aparece a mesmas cores, na que predomina a cor azul e verde. As cores dos debuxos que aparecen neste fondo son cores vivas,
para facelas destacar no fondo. As ilustracións son grandes, a toda paxina e
moi vistosas.
A
historia vai contando a historia dun crocodilo, é o único personaxe que aparece
no libro, que tiña un gran soño. El quería que ese soño chegase a cumprirse.
Potencialidades:
Este
libro pode usarse para adentrarse no mundo do universo, ao partir desta
historia pódeselle falar de todos os planetas, estrelas, galaxias e constelación
que hai no universo e que nos nalgúns casos podemos ver. Xa que este libro axudanos a viaxar a un mundo máxico e de astronomía.
Tamén
mostra que se tes un soño e de verdade queres chegar a conseguilo o que tes e
que ir a por el, concenciarte de que ti podes e desta forma non te porás
barreiras na durante a túa vida.
A estrutura
do libro de ir explicando a historia a través de oracións breves e con ilustración
e unha forma moi boa de chegar ao publico infantil e de que entendan o concepto
que se lle queremos facer chegar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario