Potencialidades: este libro interactivo a simple vista parece moi sinxelo, pero nel podemos descubrir unha gran variedade de potencialidades. Algunhas das que podemos atopar nunha primeira ollada son que, ademais de coñecer os animais máis característicos da granxa, os máis pequenos desenvolven o sentido do tacto e do oído, a vez que asocian cada animal co seu son e a súa textura. Xunto con todo isto, ao empregar a rima, facilita traballar a memoria e incluso, que os oíntes participen na súa lectura ou recitado, debido o doado que resulta memorizalo. Xa para rematar, tamén poden aprender as cores básicas, coas páxinas coloreadas sobre as que aparece cada animal. En resumidas contas, tratase dun libro co que a nenez ademais de aprender, divírtese e xoga.
Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Nela vanse ir recollendo as descricións das lecturas que realizaremos ao longo do cuadrimestre e incidirase sobre todo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
Amosando publicacións coa etiqueta libro interactivo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro interactivo b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 29 de abril de 2017
Animais da granxa
Potencialidades: este libro interactivo a simple vista parece moi sinxelo, pero nel podemos descubrir unha gran variedade de potencialidades. Algunhas das que podemos atopar nunha primeira ollada son que, ademais de coñecer os animais máis característicos da granxa, os máis pequenos desenvolven o sentido do tacto e do oído, a vez que asocian cada animal co seu son e a súa textura. Xunto con todo isto, ao empregar a rima, facilita traballar a memoria e incluso, que os oíntes participen na súa lectura ou recitado, debido o doado que resulta memorizalo. Xa para rematar, tamén poden aprender as cores básicas, coas páxinas coloreadas sobre as que aparece cada animal. En resumidas contas, tratase dun libro co que a nenez ademais de aprender, divírtese e xoga.
Etiquetas:
Cores,
libro interactivo,
libro xoguete,
memorización,
rimas,
sons,
texturas
mércores, 15 de marzo de 2017
Libro parlanchín: Dino.
Igloo Books (2012). Libro parlanchín: Dino, Madrid: Susaeta, col. Libro Parlanchín, [10
pp.] (ISBN: 978-84-677-1950-5).

En canto á cuberta, como xa dixen, aparece a boca de Duncan en formato real
xunto o seu corpo, e na contracuberta encontramos unha breve descrición da
historia e outro libro desta mesma colección ademais do ISBN e outros datos de
interese. O volume conta con 10 páxinas onde as ilustracións son a toda páxina.
Ao largo destas vemos ao protagonista na súa aventura acompañado dos seus
amigos e familiares, numerosos animais de diversas clases.
A historia que nos transmite é a vida
dun pequeno dinosauro traveso ao cal lle encantaba comer e non lle fai caso a súa
nai e sempre colle grandes empachos.
Potencialidades: É un libro que está pensado para que os máis pequerrechos
e pequerrechas participen na historia dunha forma divertida e podelos enganchar
á lectura. A pesar de ser curto e sinxelo
a través del podemos traballar co alumando diversos aspectos e sacar moito
proveito del.
A través do conto podemos traballar o
esquema corporal, xa que utiliza frases como “Estiró bien los brazos y, abrindo
bien la boca,...”, tamén, nos pode servir para fomentar a psicomotricidade se interactuamos
no medio da historia con eles mandándolle que fagan o mesmo que fai Ducan.
Por outra parte, se lle deixamos aos nenos e nenas que sexan os que manexan
a marioneta, estamos exercitando a súa motricidade e imaxinación de como poder
facelo a partir das indicacións que da o libro.
Tamén exercitamos os sentidos dos nenos debido a que fala de aromas e de
gustos, así como os nomes de animais que aparecen ao longo da historia. Por último,
creo que ademais podemos sacar unha reflexión cos máis pequenos sobre que
sempre lle debemos facer caso a nosas nais cando nos digan algo ou nos dean un
consello e a non querer máis do que podemos ter, aprendendo así valores como a
obediencia e a non ser avariciosos.
sábado, 11 de marzo de 2017
¿JUGAMOS?
Tullet,
Hervé (2015), ¿Jugamos?, ilust. do
autor, trad. Esther Rubio, Madrid: Kókinos, [64 pp.] (ISBN: 978-84-16126-48-4).
En canto ao formato vemos que é un libro cadrado de 22 x 22 cm o cal, na súa
cuberta, contén o nome do autor, da editorial e o título dentro dun círculo de
puntos de cores; na contracuberta, déixanos cunha intriga (debido a isto podemos
dicir que esta se complementa coa historia do libro), estas dúas son de cartón
duro, diferente ao interior, xa que as páxinas son de papel vernizado, dándolle
así brillo a cada unha delas. Falando da estética, tamén podemos dicir que a
portada e a contraportada teñen o mesmo estampado, só cambiado o tamaño e
volvendo a facer referencia ao que acontece no interior.

As imaxes son a toda páxina,
son moi simples pero concretas; a maioría das veces só aparece unha liña fina e
recta negra cun círculo amarelo, outras aparece a páxina chea de círculos de
cores, ou toda en negro,...as imaxes van cambiando segundo transcorren as
páxinas. Nestas o texto aparece maioritariamente na parte inferior da páxina
nun tamaño normal e sempre en maiúsculas.
Mediante este xogo os nenos e nenas poden potenciar o seu coñecemento sobre
a dereita - esquerda, arriba – abaixo, sobre as cores, poderán xogar ás
agachadas, a apertar, a das golpes, a distinguir cando hai que para e cando se
pode pasas ante un semáforo e tamén a contar, xa que nunha das páxinas mándanos contar ata 10, numerosos entretementos, que a simple vista non
parece que poida ofrecer tanto esta obra, pero unha vez lla presentamos os
nenos e nenas dámonos conta da maxia que esconde e o ben que o pasan con ela;
ademais fai unha crítica ao escuro, ao que non se deixa ver, ensinándolle aos
lectores que aí non se está ben. Esta obra tamén potencia a psicomotricidade
dos nenos e nenas, a lectura non visual, e sobre todo a intriga de que pasará
na seguinte páxina, esa intriga tan importante para a madurez do neno/a.
É un libro para idades a partir dos 2-3 anos, para lerlles en familia e
inicialos no mundo dos libros e enganchalos á lectura dunha forma divertida. O
seu código textual a ser en maiúsculas permite que sexa máis fácil de ler e así
cando teñan máis autonomía neste ámbito lle resulte máis doado e queiran lelo unha
vez tras outro e así pasar un bo rato.
Persoalmente creo que é un libro que podemos utilizar cando queiramos que
os nenos ou nenas se esquezan de algo, é un libro que te atrapa e fai que teñas
que estar pendente do que facer. É moi interesante e podemos sacar moito
proveito, creo deberían pasar por mans de todos os nenos e nenas.
venres, 3 de marzo de 2017
EL LIBRO SIN DIBUJOS
Novak, B.J (2015), El libro sin dibujos, Trad. David Nel lo, Madrid: Timun Mas Infantil, col. Cuentos para regalar, (3 a 6 años), [48 pp] ( ISBN: 978-8408145462).
Breve descrición do formato e contido
da obra: volume de formato case cadrado e cuberta dura. Preséntasenos cunha gran sinxeleza, amosando, xa dende o comezo, a intención do autor de deixar claro que se trata dunha obra na que non imos achar ningún tipo de ilustración, dando unha aparencia inicial de atoparnos ante unha obra moi aburrida e sen graza algunha .
No seu interior, palabras e onomatopeas, en distintos formatos, tamaños e cores, espállanse polas súas páxinas, nun fondo branco que constitúe un continuo ao longo de todo a obra.
Este libro, semella un libro moi
serio, pero na realidade é todo o contrario. O seu autor, B.J Novak, revolucionou o eido da literatura infantil
ó apostar por un formato
sen ilustracións para nenos en plena era da imaxe.
Estamos ante unha obra que é
un exemplo de creatividade e imaxinación, e que a pesares do feito de non contar
no seu interior con ilustracións, non perde o seu atractivo para os primeiros
lectores que se acheguen a ela, que nos pedirán que llo leamos unha e outra vez.
Efectivamente, estamos ante un
libro sen imaxes, sen unha sola ilustración." Puede parecer un rollo que alguien te lea un libro sin dibujos".
Pero ao longo das súas páxinas comprobaremos que nada máis lonxe da realidade. O lector ten que participar do xogo que o
seu autor lle propón: veráse obrigado a ler todo o que esté escrito
nel. Sexa o que sexa. Da igual que sexa un disparate, ou algo que lle de vergoña
ler, ou que sexan verbas sen sentido, absurdas. Mesmo ás veces terá que
cantar!!
No libro, as palabras xogan co
lector e fanno rir a gargalladas, convidándoo a pasar de páxina na procura de
novas pistas que deberá ler en voz alta, para que acadar o que o autor persegue, que non é outra cousa que divertir. É polo tanto
un libro para compartir, ata se pode ler entre varias persoas -por quendas-,
para rir entre todos.
Potencialidades: Este é un libro que axudará o
lector a perder a vergoña, e para os mais cativos será un incentivo para perder
tamén o medo ós libros con poucos debuxos: un libro que só ten texto pode ser igual
-ou máis divertido- cun albúm ilustrado.
Sen unha boa lectura en voz alta
e xesticulando, a obra non divirte tanto. E se non se comparte, tampouco se
desfruta do mesmo xeito, polo que é unha proposta ideal para compartir entre pais
e fillos, narradores e espectadores.
Este libro sorprende pola sua
sinxeleza e inxenio. Provoca a risa cada vez que o abrimos e crea unha experiencia
agradable e moi divertida para compartir. Serve para introducir ós máis
pequenos a idea de que a escrita pode resultar unha fonte inesgotábel de
trasnadas e ledicia.
A maioría dos libros infantís, se
non todos, están cheos de debuxos que atrapan a atención dos máis cativos, polo
que a miúdo pensamos que sen ilustracións os nenos non terán interese no texto.
Este libro demostra que non precisa ilustracións para encantarlle ós nenos. O poder
da palabra é suficiente
Este libro obriga ó lector a
facer parvadas, dicir calquera boubaría, facer ruidos ou cantar unha letra que semella
só significar estupideces. A súa lectura obriga a afrontala de xeito actoral,
poñendo caras raras, voces, facendo espaventos, suplicando ós nenos que os
fagan parar, buscando a súa interacción, para que non lles fagan volver ler
ese conto. En definitiva todo o que permita ó lector engancharse á historia e gozar do pracer que supón a lectura dun libro.
Non é, polo tanto, un libro para
ler con voz calma e luz tenue xusto antes de ir durmir. É un libro para ler ás
voces, rindo, ben espertos, e se é a varios nenos á vez, aínda mellor. O lector
deberá facer un exercicio de deshinibición ante os nenos, facendo que a súa lectura sexa
todo un espectáculo teatral.
Estamos ante un libro para ler
cos nenos, para animalos a ler en público, para voltar a ser nenos, facer o
parvo, divertirnos, rir a cachón; en definitiva pasalo moi ben ( mellor que
non sexa antes de durmir).
Aínda que é unha lectura xenial
para facer en familia, tamén é unha boa oportunidade para que os nenos
lean por
sí sós, xa que moitas das palabras que aquí aparecen están escritas en
maiúscula e en gran tamaño. Ademáis de seguro atoparán moi divertido o
significado absurdo de moitas delas.
Este aloucado libro será un gran aliado para solucionar co seu humor conflitos que poidan xurdir nalgún intre. Calquera anoxo, ficará esquecido perante a súa lectura.
martes, 14 de febreiro de 2017
Un escondite en el cuarto de los Juguetes
Davis, Emma (2001),
Un
escondite en el cuarto de los juguetes,
ilust. de la autora, trad.
Estrella Borrego del Castillo, Barcelona:
Ediciones Beascoa, col. Busca y toca (de 3 a 4 años), [12 pp.] (ISBN: 84-488-1147-X).
Breve
descripción del formato y el contenido de la obra:
el presente volumen es un libro
interactivo e ilustrado que despertará la curiosidad de los más pequeños,
invitándolos a abrir lo que se encuentra debajo de las solapas donde se esconden
atractivos juguetes rellenos de algodón. Los lectores podrán tocar cada uno de
los juguetes escondidos y a su vez nombrarlos visualizando la palabra. El libro que se presenta es de formato cuadrado y de gran
tamaño, conformado por cubiertas y páginas de cartón grueso. Presenta un breve texto
en las páginas impares que mantiene la misma estructura en todas ellas, mediante
la pista que proporcionan las rimas, que darán lugar al juguete con textura de
algodón que se esconde debajo de las solapas.
Potencialidades:
Como
bien se indica en el título “Busca y toca” se trata de un libro interactivo. Con la
lectura de este libro podemos iniciar a los niños de infantil introduciéndoles
en el mundo de la poesía a través de unos versos, los cuales llamarán la
atención de una manera muy activa a través de la rima. Es un libro muy
atractivo visualmente, en el que la autora crea una divertida complicidad con
los lectores de una forma sorprendente. Tras las solapas se encontrarán los
juguetes rellenos de algodón, dándoles la oportunidad de reconocer, nombrar y
tocar cada uno de ellos de una forma sencilla, pero que convierte cada una de
sus páginas en un juego lleno de emociones.
sábado, 11 de febreiro de 2017
Un libro
Tullet, Hervé (2011), Un
libro, ilustr. Hervé Tullet, trad. Esther Rubio Muñoz, Kokinos (3 a 6 anos),
[64pp.](ISBN: 9788492750368).
Veo, veo una cosa de color...Azul
Symes, S. (2011). Veo, veo una cosa de color... Azul. ilust. Nick sharratt, trad. Élodie Bourgeois, Barcelona: Juventud, S.A., (de 2 a 6 anos), [32 pp.] (ISBN: 978-84-261-3842-2 ).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado con volume de gran formato (25 x 27,5 cm) e cubertas ríxidas. Na dianteira ofrécese un adianto do contido, pois esta segue o mesmo esquema que as páxinas interiores (un neno con buracos nos ollos) acompañado co titulo "Veo,veo una cosa de color... Azul". O interior divídese por cores (azul, verde, gris, marrón e negro). Para introducir cada cor podemos ver no texto das páxinas da esquerda que di “veo, veo una cosa de color…” para logo dar exemplos de obxectos da mesma cor. Pola contra na páxina dereita vese a un neno ou nena sobre un fondo da mesma cor e cos ollos aburatados, que fai que traspasen á páxina seguinte e se vexan da cor correspondente. Unha vez pasamos a páxina onde se presenta a cor podemos ver unha imaxe grande ocupando as dúas paxinas sobre o obxecto a adiviñar. Logo repetirase este mesmo esquema nas páxinas seguintes coas diferentes cores, para finalizar cunha festa de disfraces onde aparecen todos os nenos e nenas que foron aparecendo durante o transcurso do conto.
Potencialidades:
Unha historia cuxo obxectivo principal é a presentación das cores, aínda que de forma paralela se traballe a imaxinación, pois os nenos e nenas poderán dar ideas sobre obxectos das mesmas cores máis ala dos que aparecen no propio conto, así como dicir cores novas e seguir o xogo sen a utilización física do conto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













