Amosando publicacións coa etiqueta amor sen prexuízos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor sen prexuízos. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2020

Familias


Sánchez, Verónica (2018). Familias, ilust. Marina Mayor. Barcelona: Somos libros. (6-8 anos)



Descrición do formato: poemario escrito por Verónica Sánchez e ilustrado por Marina Mayor. Composto en lingua castelá, consta de 48 páxinas en cartoné. A cuberta presenta un fondo branco e o debuxo dunha cama. Isto é algo revelador xa que é o elemento que acompaña todos os poemas. Predomina a cor turquesa e gris. A colcha da cama ten un estampado de puntos de diferentes cores e tamaños. Ademais deste elemento, tamén atopamos o título da obra, o nome artístico da escritora, da ilustradora e da editorial. Na contracuberta, sobre fondo branco aparece un breve resumo do contido do libro e a mesma cama, pero desta banda desfeita. As gardas están tinxidas de verde turquesa. As do principio teñen a ilustración da cama cun trazo fino e un pouco difuminado. Con esta mesma técnica está debuxada nas gardas do final, pero como na contracuberta, agora aparece desfeita. Isto simboliza que a utilizou unha familia. Na portada aparecen unicamente os datos da edición (título, autora, ilustradora e editorial) sobre un fondo branco, mentres que os títulos de crédito se sitúan no final da obra, na páxina anterior ás gardas. Despois da portada, atopamos unha páxina en branco cunha dedicatoria: “A nuestras familias”.



Contido: O título, Familias, está directamente relacionado cos poemas. Cada composición presenta un tipo de familia diferente: homosexual, heterosexual, monoparental, unifamiliar, multirracial, numerosa… Os títulos de cada poema son: “Alex y sus mamás”,” Abuelitos”, “Las gemelas”,” Jan y su familia”,” Aritz tiene dos familias”,” Iria, su mamá, su papá y el bebé que va a llegar”,” La tía María”, “Gonzalito y sus papás”,” Raquel y su mamá”,” Familia multicolor”, “La pareja multirracial”,” La gran familia”, “Pepe y su familia”, “Susana la valiente, con su gato suele estar”, “Miguel y Gabriel” e “Martín y Lucas”. O conxunto reflicte o mundo, diferentes tipos de combinacións para darllas a coñecer ás crianzas e que as asimilen como algo normal. Traballar este tipo de temas é moi importante para desenvolver neles unha conciencia crítica e normalizar situacións, así nun futuro é menos probable que se contaminen con prexuízos ou odio inxustificado. 
Os poemas teñen entre dúas e tres estrofas, polo tanto son bastante breves. Entre eles destacamos o de “La tía María”, que é o que máis relacionado está coa temática do empoderamento e a abolición de estereotipos de xénero. Nas composicións hai rima consonante, aínda que predomina a asonante. A linguaxe empregada é clara e sinxela e con poucos recursos literarios, agás algunhas comparacións.
As ilustracións están debuxadas e coloreadas con lapis de madeira, o que lle dá suavidade á imaxe. Mestura cores cálidas e frías, estas son apagadas, non se caracterizan pola súa vivacidade. Cada vez que pasamos a páxina, vemos á esquerda o poema sobre un fondo sólido (vai variando a tonalidade) e á dereita o debuxo. Ao final do libro hai unha cama baleira para que as crianzas poidan debuxar a súa propia familia. Está acompañada con esta frase “Existen tantas familias como formas de amar. Una familia no necesita ser explicada, sólo vivida. Y tu familia, ¿cómo es?” Isto afianza o sentido do libro, xa que o importante é que entre os nosos seres queridos haxa amor e respecto, a forma ou o número, é insignificante.



Potencialidades educativas: Este libro é un poemario que reflicte a diversidade de familias que existen, dándolle a volta aos roles establecidos pola sociedade e normalizando a liberdade sexual e de elección de mulleres e homes. O libro serviríanos tamén para achegar a poesía aos máis pequenos, traballar a conciencia fonolóxica para o desenvolvemento da linguaxe, traballar o ritmo e a musicalidade. Tamén poderíamos abordar os sentimentos que lle provocan ás crianzas estes poemas, e pedir que cada un debuxe ou fale da súa propia familia. 




venres, 21 de abril de 2017

Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro)

Campanari josé (2007) Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro), trad. Marisa Núñez, Pontevedra: OQO Editora.[24pp.] (ISBN: 978-84-96788-04-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: A forma deste conto é cadrada con orientación horizontal cun tamaño de (25.5x24.5 cm). As ilustracións son creativas e imaxinativas, con espazos irreais e cores que destacan coas imáxes que emprega o autor.



Sígueme é un libro ilustrado que conta a historia dun elefante gris con lunares morados que vivía na selva e vendo pasar as formigas, namorouse dunha que tiña a cintura de avespa.
O amor é mutuo, polo que a formiga o invita a seguirla. O elefante ten un largo camiño ata poder chegar a onde está a formiga. Pero o amor é tan forte que o elefante acabou vivindo coa formiga nun formigueiro que está medio e medio da selva, que está no cuarto da formiga, que está no fondo dun cesto de costura, que está na beira dun camiño, que está no fondo dunha botella, nun caracol mariño.

Potencialidades: É un conto fácil de entender xa que emprega palabras sinxelas. As ilustracións enriquecen o texto, xa que nunha primeira lectura a aventura do elefante por chegar á formiga é inverosímil e o debuxos, sendo tan creativos e fora do real, envolvente na lectura convertendo este conto, nun conto fantástico.
No texto podemos atopar moitos adxetivos, nomes e relacións espaciais.
Nunha segunda lectura, Sígueme é unha historia de amor verdadeiro entre dous animais de diferente raza e sexo que é capaz de superar calquer barreira ou obstáculo para poder estar xuntos.
É un conto entrañable que axuda aos pequenos a aprender ou recordar vocabulario, os hábitat dos animais (elefante e formiga), a crecer sen prexuízos e estimula a imaxinación.