Amosando publicacións coa etiqueta a xenerosidade.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a xenerosidade.. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de abril de 2020

L´enfant et le Grand-mère



Davies, B, (2018), L´enfant et Grand-mère, ilust. do autor, Toulouse: Éditions Milan, [ 32 pp.]. (ISBN: 978-2-4080-0582-5).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura con dimensións 278x245 mm, do autor e ilustrador Benji Davies. Conto infantil redactado en francés. A cuberta, chea de cores vivas, amósanos a imaxe do mar, axitado e cheo de rochas nas que están pousadas gaivotas e incluso un pequeno cangrexo. O ceo é azul, está cheo de nubes e podemos distinguir aves no seu fondo, supoñemos que gaivotas tamén. Na parte dereita podemos ver unha pequena embarcación. Dentro dela encontramos a un neno cun ganapán, e unha muller co pelo branco, que é a súa avoa, e que é a que se encarga de dirixir este barco. Xunto ao barco, e ben preto da figura da avoa, podemos ver un paxariño que os segue. O título do libro está situado na parte esquerda da cuberta, con letras en maiúscula e de cor negra. Na contracuberta, encontrámonos cunha imaxe distinta. Podemos ver parte dunha praia, un ceo cheo de nubes brancas e grises e, sobre un montículo de herba, hai unha pequena casiña, feita co que parece a parte dianteira dun barco. Esta ten cheminea, unhas escadas, unha hamaca na que tomar o sol e un tendal. Á esquerda da casa podemos ver ao mesmo neno da cuberta, co mesmo ganapán e un caldeiro pequeno. As gardas son as dúas de cores amarelas e brancas e amosan a area dunha praia. Sobre ela, podemos distinguir moitas pegadas de gaivota, que forman unha especie de camiño. Tamén hai cunchas, buguinas e estrelas de mar.
O argumento xira ao redor de Noah, un neno que vive xunto ao mar co seu pai e os seus gatos. Chega o verán e vai pasar as súas vacacións coa súa avoa. Ela vive lonxe del, nunha pequena rocha na que só recibe a visita dalgúns paxariños. Noah non sabe moi ben que pensar acerca da súa avoa, xa que fai cousas como pór os dentes nun vaso polas noites, teñen que durmir na mesma cama e non ten moito tempo para xogar. Por iso mesmo, un día Noah sae a dar un paseo pola praia cando a marea está baixa. E atopa unha pedra que lle chama moito a atención. Ao achegarse a ela, comeza a imaxinar que está nun castelo, nun barco, nunha gorida... Fóra desta rocha, comeza a chover e pode verse o ceo de cor gris escuro. Mentres, dentro, Noah segue xogando. Pero algo interrompe os seus xogos: un paxaro pequeniño está ferido e pía. Noah quere axudalo e sabe que ninguén mellor que a súa avoa para curalo. Pero cando quere saír, dáse conta de que a marea é mais alta e a tormenta non lle vai pór fácil volver á casa. Pero a avoa, no momento xusto, aparece co seu barco. Leva buscando a Noah dende que comezou a tormenta. Polo camiño á casa, atopan máis paxaros perdidos e feridos e deciden levalos á casa e coidalos durante a noite. Cando a tormenta calma, os paxaros marchan horizonte adiante. Pero o paxaro que Noah encontrou decide quedar a facer compañía á avoa. A partir dese día, e durante todo o verán, Noah, a súa avoa e o paxariño son compañeiros de aventuras.
O álbum presenta na súa maioría imaxes de toda a páxina, formadas por dúas follas. Tamén, podemos ver pequenas ilustracións ao lado do texto, ou ilustracións que ocupan só unha folla. O texto está sempre acompañado dunha imaxe que o apoia e recrea. Unha cor que predomina moito no álbum é o azul, xa sexa claro ou escuro. O texto que conta a historia é de cor negra e as letras teñen un tamaño mediano, o que facilita a súa lectura. As imaxes, ademais, parecen estar pintadas con acuarelas, o que fai que sexan moi agradables á vista do lector. A historia cóntase de maneira indirecta e nalgunha que outra ocasión hai un diálogo entre o neno, Noah, e a súa avoa.

Potencialidades: a través deste conto, como futuras e futuros docentes, podemos traballar un valor tan importante como é a xenerosidade. Tamén podemos tratar cos máis pequenos a figura dos avós. Neste libro, faise especial énfase en que Noah poucas veces visita a súa avoa que, incluso para o seu neto, pode parecer unha persoa rara. Pero aínda así, nos momentos nos que Noah necesita axuda, ela sempre está para el. Os avós, nalgúns casos, poden ser unha figura moi importante na vida dun neno ou nena, chegando a ser ás veces a súa figura de referencia e por iso é un tema interesante para tratar cos mais pequenos. Ademais, podemos ver un gran xesto de xenerosidade por parte dos dous protagonistas cando primeiro Noah recolle ao paxaro ferido e logo, de camiño á casa, os dous van recollendo e acollendo na súa casa a moitos máis paxaros para que non pasen fóra a tormenta e poidan viaxar ao día seguinte sen problema.

martes, 14 de abril de 2020

A CASA DA MOSCA CHOSCA



MEJUTO, Eva e Sergio MORA (2008). A casa da mosca chosca. Pontevedra: Kalandraka. [40 pp.]. (ISBN 13: 978-84-8464-155-1).

Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado en galego de Eva Mejuto e Sergio Mora,que é unha adaptación dun conto popular ruso. Os temas principais do álbum son a diversidade de personaxes que se presentan na obra, a amizade, a bondade, a xenerosidade, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a inclusión. Non só se atopan temas positivos senón tamén o egoísmo ou os celos. Trátase dun álbum acumulativo, que asenta en estruturas paralelísticas e reiterativas.
Dende o punto de vista formal, trátase dun libro de tapa dura de formato mediano e cadrado 22 x 22 cm. Na cuberta vese o título da obra e a imaxe dunha mosca conlentes voando, que se caracteriza polo seu sorriso de orella a orella. A contracuberta recrea a manta da cama da mosca chosca e do mantel da mesa que utiliza para comer a torta co resto dos animais.

Dende o punto de vista do contido, cóntase a historia dunha mosca que vivía no bosque e decidiu construír unha casa. Para inaugurar o seu fogar preparou unha torta de amora e o seu arrecendo foise espallando polo bosque. Entón comezou a recibir visitas de distintos animais atraídos polo aroma da torta. Así, un escaravello, un morcego, un sapo, unha moucha, unha raposa, un lobicán pasan a ser os convidados da mosca chosca, pero cando se dispuñan a merendar chegou o oso, que non estaba convidado, e e comeu toda a torta dun bocado!
As ilustracións están deseñadas con cores moi rechamantese con elementos paródicos, que provocan a risa. O foco central da obra ten lugar na casa da mosca chosca e cada personaxe ten asociado un adxectivo, que remarca unha característica da súa personalidade. O estilo deste álbum caracterízase por ser un conto rimado, o que favorece a memorización, e por un encadeamento que incide no xogo de inferencias.

Potencialidades: a lectura desta obra permite traballar rima, a memorización, o ritmo e a cadencia sonora da lingua. Con este tipo de obras foméntase a conciencia fonolóxica dos máis novos e a súa consciencia dos mecanismos da propia lingua, ademais de facelo dende o ludismo e a diversión. Outra potencialidade é aprender os números cardinais e ordinais,dado que se xoga con enumeracións e secuenciacións, propio da linguaxe matemática. Coa mosca chosca tamén se poden coñecer diferentes animais e observar os seus tamaños. Tamén se abordan valores como a solidariedade, bondade e honestidade, así como a xenerosidade e hospitalidade da que fai gala a protagonista, que promove unha convivencia harmónica na diferenza.

Recursos educativos:
Versión animada da obra con imaxes do álbum: https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E (consultado o 13/04/2020).

Versión animada da obra con imaxes do álbum: https://www.youtube.com/watch?v=lXFgnQTawqk (consultado o 13/04/2020).

Versión animada da obra https://www.youtube.com/watch?v=wuaZm2ttRrw (consultado o 13/04/2020).

Versión animada da obra con imaxes do álbum: https://www.youtube.com/watch?v=_N82tboBtNw (consultado o 13/04/2020).

Versión animada do álbum por alumnos/as de 6º de infantil. https://www.youtube.com/watch?v=CyL1fCiQ26Q (consultado o 13/04/2020).

luns, 3 de abril de 2017

Os Tres osos

Xosé ballesteros(1956)Los tres osos, ilust.Miguel Tanco,Vigo:Kalandraka,Libros para soñar,(+4 anos)[44 pp.](IISBN 978-84-8464-664-8)



Breve descrición do formato e contido  da obra:Libr ilustrado,de tamaño cadrado(22x22cm), con pouco grosor.A cuberta e a contra cuberta son de tapa grosa na cuberta pódese  observar a imaxe tres osiños sentados na herba observando unha bolboreta. O título vén amosado como unha escaleira ,e o nome do autor e ilustrador aparecen  enriba da bolboreta.O nome da editorial aparece o fondo,a esquerda. Na contracuberta aparece o debuxo dunha casa rodeada de árbores e logo na parte do fondo a esquerda volve a aparecer o nome da editorial.
No interior do libro xa se nos amosan as ilustracións dos nosos protagonitas,son imaxes sinxelas, coloridas en forma de collage que pretenden achegarse a un público máis soñador e con ganas de coñecer que é o que lles vaia acontecer os nosos protagonistas.As follas do libros nas que están impresas as ilustracións son grosas e de textura suave ,sen letras . A partida da historia comeza cunha familia composta por tres osos que vivían no medio do bosque .Papá oso era moi grande,mamá osa media e o osiño era pequrrechiño.Un día mamá osa preparou tres pratos de sopa para a hora do almorzo,pero como estaba tan quente decidiron ir dar unha volta ,acto seguido apareceu unha  rapaza loura e con rizos que na procura dunha flores acabárase  perdendo no bosque,vendo a fermosa casa branca decidiu entrar sen permiso , atopandose cunha mesa con tres cadeiras,tres pratos,tres culleres .Famenta a pobre nena, decidíu probar o primeiro prato que era o máis grande ,como estaba moi quente non quixo seguir asíque se foi cara o prato mediano ,pero este estaba frío polo que acabou por tomar o prato pequeno que era o que mellor estaba .Máis tarde entroulle sono  polo que decidíu sentarse nunha das cadeiras:a primeira, a de papá oso estaba demasiado dura,a segunda demasiada branda e por último probou a do osiño que era na que mellor estaba pero o pouco rato a cadeira acabou por romper.Cabreada polo suceso a pequena foi para o dormitorio onde volveu a atopar tres camas a primera ,de papá oso,era moi grande e non podía nin sequera subir,a segunda,de mamá osa, era moi baixa e por último a do osiño era a máis cómoda polo que se quedou durmida .Pasado o tempo voltaron a casa os tres osos e viron todo o acontecido,crendo que era un ladrón dispuxéronse a atacalo no dormitorio pero o chegar alí encontraronse coa pequeniña que estaba a durmir,pero co uido espertou temerosa e atopou a familia osezna .O final acaba con que a pequena se fai amiga do osiño e volta para a súa casa .



Potencialidades: é  un libro didáctico,cargado de elementos símbolos como a casa o seu entorno,a familia,os parentescos,a educación ,o número tres ,os diferentes tamaños. Nas ilustacións o xogo dos tamaños ten un gran papel ,xa que nos amosa un bosque grande e tétrico ,fronte a unha neniña tenrra e pequerrechiña.Con este libro podemos aprender os números,os diferentes tamaños(pai oso alto,nai osa mediana,osezno pequeno).As diferentes texturas(silla dura,branda ou normal),a tempetatura(moi quente, moi frío ,temperán)