Amosando publicacións coa etiqueta estereotipos de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estereotipos de xénero. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2020

Familias


Sánchez, Verónica (2018). Familias, ilust. Marina Mayor. Barcelona: Somos libros. (6-8 anos)



Descrición do formato: poemario escrito por Verónica Sánchez e ilustrado por Marina Mayor. Composto en lingua castelá, consta de 48 páxinas en cartoné. A cuberta presenta un fondo branco e o debuxo dunha cama. Isto é algo revelador xa que é o elemento que acompaña todos os poemas. Predomina a cor turquesa e gris. A colcha da cama ten un estampado de puntos de diferentes cores e tamaños. Ademais deste elemento, tamén atopamos o título da obra, o nome artístico da escritora, da ilustradora e da editorial. Na contracuberta, sobre fondo branco aparece un breve resumo do contido do libro e a mesma cama, pero desta banda desfeita. As gardas están tinxidas de verde turquesa. As do principio teñen a ilustración da cama cun trazo fino e un pouco difuminado. Con esta mesma técnica está debuxada nas gardas do final, pero como na contracuberta, agora aparece desfeita. Isto simboliza que a utilizou unha familia. Na portada aparecen unicamente os datos da edición (título, autora, ilustradora e editorial) sobre un fondo branco, mentres que os títulos de crédito se sitúan no final da obra, na páxina anterior ás gardas. Despois da portada, atopamos unha páxina en branco cunha dedicatoria: “A nuestras familias”.



Contido: O título, Familias, está directamente relacionado cos poemas. Cada composición presenta un tipo de familia diferente: homosexual, heterosexual, monoparental, unifamiliar, multirracial, numerosa… Os títulos de cada poema son: “Alex y sus mamás”,” Abuelitos”, “Las gemelas”,” Jan y su familia”,” Aritz tiene dos familias”,” Iria, su mamá, su papá y el bebé que va a llegar”,” La tía María”, “Gonzalito y sus papás”,” Raquel y su mamá”,” Familia multicolor”, “La pareja multirracial”,” La gran familia”, “Pepe y su familia”, “Susana la valiente, con su gato suele estar”, “Miguel y Gabriel” e “Martín y Lucas”. O conxunto reflicte o mundo, diferentes tipos de combinacións para darllas a coñecer ás crianzas e que as asimilen como algo normal. Traballar este tipo de temas é moi importante para desenvolver neles unha conciencia crítica e normalizar situacións, así nun futuro é menos probable que se contaminen con prexuízos ou odio inxustificado. 
Os poemas teñen entre dúas e tres estrofas, polo tanto son bastante breves. Entre eles destacamos o de “La tía María”, que é o que máis relacionado está coa temática do empoderamento e a abolición de estereotipos de xénero. Nas composicións hai rima consonante, aínda que predomina a asonante. A linguaxe empregada é clara e sinxela e con poucos recursos literarios, agás algunhas comparacións.
As ilustracións están debuxadas e coloreadas con lapis de madeira, o que lle dá suavidade á imaxe. Mestura cores cálidas e frías, estas son apagadas, non se caracterizan pola súa vivacidade. Cada vez que pasamos a páxina, vemos á esquerda o poema sobre un fondo sólido (vai variando a tonalidade) e á dereita o debuxo. Ao final do libro hai unha cama baleira para que as crianzas poidan debuxar a súa propia familia. Está acompañada con esta frase “Existen tantas familias como formas de amar. Una familia no necesita ser explicada, sólo vivida. Y tu familia, ¿cómo es?” Isto afianza o sentido do libro, xa que o importante é que entre os nosos seres queridos haxa amor e respecto, a forma ou o número, é insignificante.



Potencialidades educativas: Este libro é un poemario que reflicte a diversidade de familias que existen, dándolle a volta aos roles establecidos pola sociedade e normalizando a liberdade sexual e de elección de mulleres e homes. O libro serviríanos tamén para achegar a poesía aos máis pequenos, traballar a conciencia fonolóxica para o desenvolvemento da linguaxe, traballar o ritmo e a musicalidade. Tamén poderíamos abordar os sentimentos que lle provocan ás crianzas estes poemas, e pedir que cada un debuxe ou fale da súa propia familia. 




mércores, 29 de abril de 2020

Bonitas


McAnulty, Stacy (2018). Bonitas, ilust. Joanne Lew-Vriethoff, trad. David Domínguez. Barcelona: Astronave (a partir de 3 anos).

Descrición do formato: álbum ilustrado escrito por Stacy McAnulty e ilustrado por Joanne Lew-Vriethoff. Composto en lingua castelá e cun total de 32 páxinas. Na cuberta pódese ver o título en maiúsculas e en grande, debaixo o nome da autora, da ilustradora e da editorial, sobre unha franxa branca. Na parte superior e inferior desta hai seis cadrados con cadansúa nena, cada unha representada dun xeito diferente: unha está explorando cun verme, a seguinte está chea de barro e follas, outras están facendo xestos, outras están manchadas de pintura, outra está disfrazada de pirata e a outra ten un estilo skater. Reflíctese a diversidade xa que aparecen tres nenas negras e tres brancas, con diferentes tipos de pelo. As cores son vivas e combina cálidas con frías. Por outra banda na contracuberta están cinco nenas lixosas. Estas están penduradas dun muro coloreado, bastante desleixado. Tamén aparece un gato e moitos xoguetes, madeira, lixo… Ademais hai un fondo claro e unhas nubes azuis, sobre estas aparece un texto: “Lo importante es...tu ropa, tu pelo, tu estilo, quién eres realmente”. Isto vén a resumir o libro, simplificando nunha frase que o relevante na vida é quen es e non os estereotipos que te opriman. Na parte inferior está o nome da editorial. As gardas están tinxidas de rosa cun estampado de flores rosas e animais. Estes están relacionados coas nenas e o seu desexo por explorar. Este fondo ironiza os estereotipos, xa que mestura flores rosas con insectos e anfibios. Na portada aparece o título en maiúscula e en grande e rodeando este as figuras das nenas explorando, xogando, imaxinando e lendo. Á volta da páxina atopamos os datos bibliográficos sobre un fondo branco. O texto está en minúsculas aínda que ten algunhas palabras en maiúsculas. A cor varía dependendo do fondo. A gama cromática das ilustracións é moi viva e diversa, empregando cores claras, escuras, vivas, apagadas… 

Contido: Bonitas é o título, e pode dar lugar a equivocación, xa que todo o libro é unha grande ironía. Sen as ilustracións non poderíamos entender o texto. Ambos contradinse, o que dá lugar a unha crítica aos estereotipos de xénero. Ao longo do conto vanse dando normas de como deben ser e como deben comportarse as nenas. Acompañando este texto están unhas ilustracións nas que as nenas teñen un estilo propio e fan diversas actividades, dependendo da súa personalidade. O narrador está en terceira persoa e aparecen tres palabras soltas. As rapazas que van aparecendo son as da cuberta e contracuberta, estas fan diversas actividades en diversos espazos. En canto ás ilustracións, os planos que aparecen son xerais, medios, enteiros e detalle; hai algúns a toda páxina e outros a unha páxina. As cores son sólidas, opacas, transparentes, hai algúns difuminados e son todo debuxos. Combina tons cálidos e fríos. As personaxes son moi expresivas, dependendo das emocións e situacións que viven en cada ilustración.

Posibilidades educativas: a lectura deste álbum permite desenvolver múltiples posibilidades formativas, dende a reflexión sobre os estereotipos de xénero, o empoderamento feminino, ata a imaxinación ou a socialización. Pois co exemplo destas nenas, outras encontrarán ese impulso para manifestar a súa personalidade e poder exteriorizala sen prexuízos e facendo caso omiso ao que lles recrimine a sociedade. Todos somos diferentes e esas diferenzas son máis que enriquecedoras, pois o idéntico é aburrido.

Sirenas


Love, Jessica (2018). Sirenas, ilust. da autora. Madrid: Kókinos (a partir dos 5 anos)

Descrición do formato: álbum escrito e ilustrado por Jessica Love. Composto na lingua inglesa e traducido a castelán en 2018, cun total de 38 páxinas. A cuberta fórmaa unha ilustración do protagonista Julián na que aparece vestido cunha manta suxeita á súa cadeira en forma de saia moi longa que lle arrastra polo chan, xunto cunha coroa con flores. Nesta ilustración pódese observar a comodidade e a liberdade que sente este neno ao vestirse desa forma e que polo tanto está feliz. Esta ilustración está sobre un fondo rosa e azul, con predominio de tons pastel e delicados. Tamén aparece o título en letras grandes, acompañado do nome da autora e ilustradora, así como o da editorial. Na contracuberta, sobre un fondo laranxa pastel, aparece unha breve introdución na que se alude ao dilema do protagonista e se incita á lectura. Esa introdución ven acompañada pola pregunta: “Pero ¿qué diría la abuela?” e máis abaixo aparece representada a avoa xunto con Julián lendo un libro, o que pode significar que nese momento lle está a contar a súa historia. Por detrás, na ilustración aparecen unha serie de mulleres moi fermosas. As gardas, en tons pastel, presentan unhas ilustracións en relación coa lectura. Estas ilustracións forman unha soa imaxe, na que aparecen representadas algunhas mulleres acompañadas de Julián nunha piscina. Nas gardas do final estas mulleres son sereas debaixo do mar e Julián é unha serea tamén. A seguinte páxina e a portada forman unha única imaxe na que están tres mulleres moi fermosas seguindo a Julián e á súa avoa pola rúa. Nestas dúas páxinas aparecen a dedicatoria, os datos de edición, e na portada o título e o nome da autora.

Contido: O título, Sirenas, revélanos que o argumento do libro xira ao redor deses seres míticos e a conformación da identidade do neno protagonista. O texto é moi breve e as ilustracións desvelan o máis esencial para entender o argumento, que xira ao redor do que lle aconteceu a Julián un día que falara coa súa avoa acerca das sereas, as cales lle gustaban moito. Este decidiu vestirse como unha delas e a súa avoa axudoulle e acompañouno nesa decisión, o que alegrou a ese neno, dándolle coraxe para amosar os seus gustos non só á súa avoa senón tamén á sociedade. Deste modo visibilízase a forza que tivo ese neno para ser el mesmo e superar os prexuízos sociais, amparado polo apoio que recibe dun ser querido ante esa decisión. O texto, moi breve, está en terceira persoa, combinándose con partes dialogadas entre Julián e a súa avoa. Ten unha estrutura lineal, pois nun principio o neno confesa os seu gusto polas sereas e que el tamén se sente unha, para máis adiante asumir ese papel e vestirse como tal ante ante a aprobación da avoa.
Con respecto ás ilustracións, algunhas páxinas conforman una soa imaxe, mentres que hai outras que son ilustracións independentes. En case todas aparece o protagonista Julián e cabe destacar que nalgunhas páxinas se utiliza un efecto colaxe para xuntar varios debuxos da mesma personaxe realizando unha actividade, a modo de secuenciación. En canto á técnica que utiliza é semellante a colorear con acuarelas e detallar cun trazo fino de lapis. É un estilo de debuxar moi delicado e dado que utiliza cores pastel ou moi suaves, acentúase a sensibilidade das imaxes, que na parte final adquiren moita máis viveza con cores rechamantes. As expresións dos personaxes son moi detalladas, o que se acentúa coas expresións corporais e a sensación de movemento, sobre todo Julián e as sereas. O movemento márcase tanto nas personaxes coma na representación do vento nas ventás coas cortinas, na roupa das sereas e nas plantas que o neno utiliza como coroa.

Potencialidades: a lectura visual deste libro permite seguir a historia narrada. Salienta polo movemento, o dinamismo e a expresividade. Ademais a temática abordada foi durante moito tempo tabú nos libros infantís, nos que non se abordaba o dilema que pode ter un neno ou nena con respecto ao seu xénero, e isto non evita que o sintan, senón que se lle priva do apoio que necesitan para expresarse, así como da información útil para o seu futuro como unha persoa totalmente libre e plena na aceptación de si mesma e do seu corpo. Considero fundamental a súa lectura para que non só eses nenos e nenas que se senten así poidan encontrar un referente na personaxe, senón que tamén coa súa lectura outros nenos e nenas coñezan esa visión de empatía e poidan normalizar a liberdade de expresión.

venres, 24 de abril de 2020

Malena Ballena




CALI, Davide (2009). Malena Ballena, Premio Club Kiriko mejor álbum ilustrado 2010, Ilust. Sonja Bougaeva, trad. Juan Gabriel López Guix. Barcelona-Madrid: Libros del Zorro Rojo, [32 pp.]. (ISBN:978-84-92412-59-4).


Formato y contenido de la obra: Este libro es un álbum ilustrado narrativo con texto original en francés de Davide Cali, traducido al castellano por Juan Gabriel López y con ilustraciones de Sonja Bougaeva. Su encuadernación es de cartón, de tapa dura y con los cantos redondeados. En la cubierta podemos observar a la protagonista, Malena, y a un animal que es la ballena, con el cual la relacionan. En dicha cubierta, también podemos encontrar el título del álbum y una pegatina que nos muestra que este libro recibió un premio. En la contracubierta, podemos ver un pequeño resumen del libro y la imagen de uno de los espacios en los cuales va a transcurrir la historia. Las guardas tanto del principio como del final son de color azul cielo, por lo que podemos relacionarlas con el color del agua de la piscina. En relación a la portada, aparece el título, el nombre de la autora y la ilustradora, así como la editorial, acompañados de una imagen de la protagonista del cuento. 
Las ilustraciones de este álbum aparecen en ocasiones ocupando la doble página y en otras fragmentadas, aunque relacionadas entre sí. Todos los acontecimientos se llevan a cabo en espacios exteriores. Las ilustraciones son realistas, coloridas, dan sensación de profundidad y presentan las diferentes emociones que tienen los protagonistas a lo largo de la historia. Además, los dibujos son más grandes en comparación con la letra. 
El contenido del libro gira alrededor de la historia de Malena, una niña que era el hazmerreír de las niñas de su clase. Malena es gordita y cada vez que se tira a la piscina provoca una enorme ola, por lo que la llaman “ballena”. Un buen día, el monitor de natación le enseñó un truco para evitar el impacto contra el agua y la vida de Malena comenzó a cambiar. 
El libro cuenta con un narrador heterodiegético que va situando a los lectores en las diversas situaciones y después deja paso a los diferentes diálogos entre los protagonistas.
Este álbum recibió el primer premio de Libro Kiriko (Premio Club Kiriko mejor álbum ilustrado) en 2010. 


Potencialidades educativas: La lectura de este álbum ilustrado en una clase de educación infantil nos ayuda a enseñarle a los más pequeños/as que no hay unos patrones de belleza que nos digan que las mujeres tienen que ser siempre delgadas, al igual que los hombres. Además, nos permite tratar el respeto, la educación y los valores hacia las demás personas. Presentarle a los niños/as y conocer lo que le pasa a Malena es darse cuenta de cómo desde pequeños estamos condicionados por unos estereotipos.


Recursos educativos: 
Experiencia educativa en el Colegio Sagrado Corazón Chamartín:
Lectura de cuento apoyada por las imágenes del álbum: 
Experiencia educativa en el Colegio Tele Tejar: 

sábado, 11 de abril de 2020

Até as princesas soltan peidos



Brenman, I. (2017). Até as princesas soltan peidos, ilust. Ionit Zilberman, trad. Elvira Ribeiro. Alzira: Algar. 

Descrición do formato: álbum ilustrado en cartoné. O idioma do conto orixinal é o portugués, mais a nosa selección traduciuna Elvira Ribeiro ao galego, aínda que ambas son linguas irmás e non habería un grao de dificultade moi elevado para comprender a primeira. Ilan Brenman, o autor, naceu en Israel en 1973 mais mudouse ao Brasil con apenas seis anos. Coñécese no seu país coma un escritor prolífico, xa que publicou máis de 50 obras para nenas, nenos e rapazada. A lectura de Até as princesas soltan peidos é convencional e consta de 24 páxinas. 
A cuberta e contracuberta forman un único debuxo. O fondo está tinxido dunha cor rosa, pero non é sólido, senón que dá a sensación de estar pintado con pasteis ou xiz. Isto podemos observalo xa que non está uniformemente repartido, senón que hai zonas onde clarexa. Na cuberta vemos a figura do que pode ser unha princesa (ou simplemente unha nena que porta un vestido). Esta peza de roupa presenta unha gama de tons fríos, mesturando o verde e o azul. O estampado da saia e o encaixe que leva, é realista, parece unha colaxe. O contorno da rapaza semella estar debuxado cun lapis e o cabelo e pel están tinxidos coa mesma técnica que o fondo. Ademais, nesta parte do libro, atopamos o título, o nome do autor, ilustradora e editorial. Se viramos cara a contracuberta, observamos un anaco da saia da nena. De debaixo da mesma, saen unhas liñas que semellan representar o vento, mesturadas con letras do dereito e do revés. Tal vez sexa un… peido. Isto está relacionado co contido da obra, xa que as princesas dos contos (por iso as letras) tamén botan ventosidades! Os calcetíns que leva son medianamente altos e de franxas horizontais, cunha gama de cores parecida á do vestido. Na parte superior da contracuberta escribiron unha mensaxe que te incitan a abrir o conto, xa que pon “Descubre ese segredo que a xente descoñece”. Encima destas palabras e debaixo da nena, nas marxes do libro, atopamos uns debuxos de motivos florais de cor vermella. 
As gardas están tinxidas de verde, cun acabado en mate. A continuación atopamos a portada, cuxo título está no medio en letras minúsculas enmarcadas no que podería ser un espello ou un cadro. Este bordo semella ter un estilo barroco, polas súas formas. Á esquerda está representada a ficha bibliográfica da obra, todo isto sobre un fondo totalmente branco. 
Ao pasarmos a portada, atopámonos cun debuxo a dobre páxina. Na da dereita lemos unha dedicatoria. A ilustración consiste en conxuntos de liñas esparexidas que rematan nunha ondulación. Estas son grises e están mesturadas con letras, coma na contracuberta. Representan todos os peidos que botan as princesas. Ao rematar o conto, antes das gardas do final, volven aparecer, mais esta vez sen a dedicatoria do principio.

Contido: O título nun primeiro momento pode sorprendernos, xa que todo o escatolóxico nos chama a atención. Pero o que se pretende é abolir o modelo de princesa que, sobre todo as nenas, teñen polos contos clásicos (e non tan clásicos). Reflectir un modelo de personaxe fantástico diferente, que non cumpra cos roles aos que estamos acostumadas e incluso faga cousas desagradables. O narrador ou narradora da historia é heterodiexético, xa que conta a historia dende fóra do relato, coñecendo até o máis mínimo detalle. Boa parte do texto asenta no diálogo que manteñen a nena da cuberta e o seu pai. A secuenciación temporal é lineal. En canto á caligrafía, son letras minúsculas e non demasiado grandes. A narración enmarcada é un recurso que se emprega e que consiste na lectura dun conto dentro doutro conto, tamén denominado mise-en-abyme.
No texto atopamos referencias directas a contos clásicos como A Borralleira, A Sereíña ou Brancaneves. Mellor dito, ás protagonistas, xa que as situacións nas que as coloca son un tanto peculiares. Todas elas soltan peidos, pero por unha serie de acontecementos que non afecta ao transcurso dos seus destinos. O feito de que solten peidos, como vai afectar nas súas vidas, se todas e todos os botamos? 
A técnica coa que Ionit realizou as ilustracións é a mesma que a da cuberta. Os trazos son suaves e os debuxos semellan estar coloreados cun lapis de madeira ou un xiz. Tal vez ambos. Algúns estampados están moi detallados e contorneados, pero o cabelo e a faciana das personaxes ás veces está difuminada. As cores empregadas son variadas, pero non demasiado vivas. Usou tanto cálidas coma frías. A parte na que abre “O libro secreto das princesas”, está tinxida dun ton sepia para darlle un aspecto antigo (xa que se di que “debía de ter máis de douscentos anos”). O pai leva uns lentes violetas, que tal vez garde relación coa simboloxía feminista, e polo tanto sería unha metáfora. A realidade que vemos está sesgada polos nosos ideais e vivencias previas. As lentes violetas poderían representar a perspectiva de xénero. A ilustradora representou os peidos das princesas con liñas que forman ondas e se mesturan con letras, que simbolizan as palabras dos seus propios contos.

Potencialidades educativas: Acostumadas á perfección e delicadeza das princesas dos contos clásicos, este libro achéganos unha nova perspectiva. Xeralmente, na arte e sobre todo na publicidade, as mulleres somos obxectos hipersexualizados. Dende pequenas, construímos unha imaxe tóxica e artificial do que debería ser unha muller: sempre perfecta. Este conto reflicte a estas princesas dun xeito moi natural: comen cousas que non son saudables (non facemos apoloxía da comida pouco saudable pero non pasa nada por comer un doce de vez en cando), botan peidos… trátase de crear referentes naturais, con virtudes e defectos, coma os seres humanos reais. Podemos preguntarlles se coñecían os contos clásicos aos que se fai referencia no libro e pedirlles que os conten. Tamén podemos traballar os estereotipos que reflicten os clásicos coma que a salve un príncipe (podemos ler a continuación Carlota e o Príncipe Azul). Por último, tamén lle preguntaríamos que cren que fan ou en que traballan as princesas e crear a nosa propia historia. 

Recursos na rede

Atopei un contacontos da obra en castelán realizado por Beatriz Moreno, en:
(consultado o 9/3/20).