Amosando publicacións coa etiqueta tradición galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición galega. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

Brinca Vai!



Brinca Vai!



Nogueiras, Paco (2014), Brinca Vai!, ilust. David Pintor, vídeo Jóse Miguel Sagüillo, Kalandraka Editorial [56 pp.] (ISBN: 978-84-8464-877-2)


Breve descripción do formato e contido da obra:   É un libro en formato libro-cd-dvd sen recantos redondeados e de tapa dura. Este magnífico libro ilustrado por David Pintor, trata a portada usando a figura de Paco Nogueiras co seu característico sombreiro e as súas gafas. O libro lúcese na presentación e, en concreto, na maquetación divertida e sobria á vez. O contido da obra recolle 12 cancións, no que Paco Nogueiras interpreta cancións basadas en temas da natureza, os xogos tradicionais, o as festas dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Un libro para ler, ver e escoitar, con distintos estilos musicais: techno, rock, folk e reggae, cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico.
O traballo complétase cun DVD de Sr. Sagüillo, que conecta directamente coa última parte do libro na que se lles explica aos nenos e nenas como facer o seu propio video-clip incluso usando as bases que veñen ao final do CD sen voz para facer karaoke- DVD no que Paco enche coa súa simpatía todos os vídeos e que ademais teñen unhas animacións e unha produción moi ben feitas.




Potencialidades: É un proxecto moi ben traballado cunha pedagoxía estructurada de maneira moi creativa. Encantame a maneira coa que os nenos poden disfrutar de manera disfrutar dos ritmos, as verbas, a expresión, o simbolismo, e sobre todo a cultura educativa que desprende con cada canción. Destaca o traballo e o esforzó por crear recursos educativos tan ben coidados e cheos de tanta tradición e vida galega. A proposta de Paco Nogueiras e moi divertida xa que as cancións sirven para traballar diferentes festividades con diferentes estilos musicais.
A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno e o rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. En “Brinca Vai!” abórdanse temas incluídos no currículo escolar, as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, así desta maneira os nenos poderán potencialos. Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.
Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.





venres, 28 de abril de 2017

Antón e O Apalpador


Antón e

O Apalpador


  

Castro Lima, Manuel e Ameixeiras Sánchez, Mª del Mar (2009), Antón e o Apalpador, ilust. Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda editorial [36 pp.] (ISBN: 978-84-614-3320-9)



Breve descripción do formato e contido da obra: É un conto sobre un neno chamado Antón e o Apalpador, un personaxe típico das tradicións do Nadal na Serra do Courel. O Apalpador, tamén coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca Terra de Trives, é na zona do este de Galicia, a figura mítica dun carbonero que según indica a tradición na noite do Nadal baixaba das montañas e apalpaba o ventre dos nenos para ver se estes comeran suficientemente durante o ano, deixando un montón de castañas,

 barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas.

Para tranquilizar aos nenos e nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:



“Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo”.



O conto está protagonizado por un neno da cidade, chamado Antón, que fai unha viaxe alucinante o corazón do Courel para pasar as vacacións de Nadal coa súa madriña, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá a un personaxe mítico da Nadal Galego. Alí tendrá a ocasión de coñecer ao mítico carboeiro que visita aos nenos nas últimas noites do ano para comprobar se están ben alimentados con presadas de castañas e agasallalos con xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón de maneira respetuosa co medio ambiente.

O libro contén varias páxinas con xogos e actividades para que os lectores aprendan máis cousas sobre o Apalpador e o seu entorno tradicional.

Un fantástico personaxe do que falan antigas cantigas do Courel, agarda a Antón no máis fondo da devesa a onde se chega na procura das estrelas.


Potencialidades: Este é un fermoso álbum ilustrado de formato cadrado sen cantos redondeados e cuberta dura no que a encuadernación e rústica. No interior deste álbum preséntanse as ilustracións acompañadas de pequenos textos, as mesmas ocupan ámbalas dúas páxinas.

A nosa terra está chea de referencias ao Nadal, a figura tradicional como o Apalpador, é un tempo que reservamos á familia, ás amizades, á recuperación dos valores que este tempo representa. O Apalpador, é un personaxe típico das tradicións de Nadal da Serra do Courel. Este persoaxe despois de permanecer durante moito tempo no esquecemento continúa gañando popularidade entre o público infantil no que se recrea a historia deste peculiar Papá Noel autóctono.

 Este fabuloso álbum acerca os nenos e nenas a coñecer a importancia de recuperar as nosas tradicións galegas que se encontra cheo de contos, historias e cantigas.

Grazas a este conto os permitirá os nenos a interesarse polas costumes, festas o as tradicións do seu entorno máis próximo. Outra das cousas que nos pode aportar este conto os nenos son os coñecementos sobre as tradicións anteriores e así poder comprender aspectos da vida cotidiana pasada oo elementos que se identifiquen como membros  dunha comunidade. Desta maneira a tradición infantil, neste caso do época do Nadal, é portadora duns valores lingüísticos- literarios para o desenrrolo do linguaxe e que teña un tratamento especial na etapa escolar.

Ten, ademais, uns xogos de pintar, buscar, andar por un labirinto para facer que o pequeno lector reforce máis, se cadra, o lido ou escoitado na historia. Este curioso personaxe que forma parte da nosa tradición popular e que debemos coñecer, pois enriquece un pouco máis esa serie de personaxes máxicos que transitan polo noso Nadal.