Brinca
Vai!
Nogueiras, Paco (2014), Brinca Vai!, ilust. David Pintor, vídeo Jóse Miguel Sagüillo,
Kalandraka Editorial [56 pp.] (ISBN: 978-84-8464-877-2)
Breve descripción do
formato e contido da obra: É un libro en
formato libro-cd-dvd sen recantos redondeados e de tapa dura. Este magnífico
libro ilustrado por David Pintor, trata a portada usando a figura de Paco
Nogueiras co seu característico sombreiro e as súas gafas. O libro lúcese na
presentación e, en concreto, na maquetación divertida e sobria á vez. O contido
da obra recolle 12 cancións, no que Paco Nogueiras interpreta
cancións basadas en temas da natureza, os xogos tradicionais, o as festas dende
o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Un libro para ler, ver e escoitar, con distintos estilos
musicais: techno, rock, folk e reggae, cantando e bailando ritmos
contemporáneos de xeito lúdico.
O traballo complétase
cun DVD de Sr. Sagüillo, que conecta directamente coa última parte do libro na
que se lles explica aos nenos e nenas como facer o seu propio video-clip incluso
usando as bases que veñen ao final do CD sen voz para facer karaoke- DVD no que
Paco enche coa súa simpatía todos os vídeos e que ademais teñen unhas
animacións e unha produción moi ben feitas.
Potencialidades:
É un proxecto moi ben traballado cunha pedagoxía estructurada de maneira moi
creativa. Encantame a maneira coa que os nenos poden disfrutar de manera
disfrutar dos ritmos, as verbas, a expresión, o simbolismo, e sobre todo a
cultura educativa que desprende con cada canción. Destaca o traballo e o
esforzó por crear recursos educativos tan ben coidados e cheos de tanta
tradición e vida galega. A proposta de Paco Nogueiras e moi divertida xa que as
cancións sirven para traballar diferentes festividades con diferentes estilos
musicais.
A liberdade creativa é
a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco
Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno e o rock,
pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. En “Brinca
Vai!” abórdanse temas incluídos no currículo escolar, as estacións, a natureza,
a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, así desta maneira
os nenos poderán potencialos. Seguindo o espírito lúdico e humorístico das
composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton
trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito
colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego
do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.
Os vídeos elaborados
por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co
propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do
alumnado. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade
artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa
publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á
implicación do público escolar e familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario