xoves, 27 de abril de 2017

Garbancito

Díaz, Isabel (1997), Garbancito, ilust. Margarita Ruíz, Barcelona: Editorial ESIN, (Libro recomendado para nenas e nenos a partir de 3-4 años) (ISBN: 84-7864-186-6)

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de borde irregular, con tapas e follas brandas e tamaño mediano. Na cuberta, ademais do título do conto, podemos ver a garabanciño camiñando polo monte coa comida que lle leva a seu pai mentres pasa por diante dun boi.


En cambio, na contracuberta, é garabanciño o que observa dende atrás ao animal.


O interior está conformado por ilustracións a páxina completa acompañadas do texto que relata a historia do protagonista, que debe levarlle un cesto cheo de comida a seu pai, pero é tan pequeno, que é devorado por accidente por un boi. Os pais, ao ver que o neno non aparecía saíron a buscalo e sentiron a súa voceciña dentro da barriga do animal polo que decidiron fartar ao boi ata que expulsou a Garabanciño.


Potencialidades: Este conto pode ser empregado para traballar os distintos tamaños cos nenos e nenas, tamén para ensinarlles/recordarlles o son que producen algúns animais como o boi ou mesmo o nome dalgúns alimentos que podería levarlle Garabanciño a seu pai no cesto.
Por outra banda, tamén poderemos preguntarlle aos cativos e cativas se se senten identificados co protagonista, xa que elas e eles tamén son pequenos, e cales son as ventaxas e inconvenientes de selo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario