Helenita (1981).
Caperucita Roja, ilust. da autora,
Barcelona: Roma, col. Cuestos de mamá [8 pp.] (ISBN: 84-356-0707-0).
Breve descrición do formato e do contido: estamos ante un libro ilustrado de formato rectangular
que mide 24x17 cm. Está encadernado dunha forma rústica, xa que é de papel, un
pouco máis gordo que un folio normal pero sen chegar a ser cartón. Todas as súas
páxinas están ilustradas co mesmo material sen facer distinción na cuberta nin
na contracuberta. Estas, son parte do conto, xa comeza na parte interior da
cuberta e remata na contracuberta. Na primeira, vemos un debuxo a casa da
protagonista nun bosque e a ela, ademais aparece o título do libro e da colección.
Encontraposición, na contraportada aparece o final da historia escrito cun
pequeno debuxo na parte inferior da páxina xunto co ISBN e os datos da
publicación. O simple feito de que non
separe a historia da cuberta nin da contracuberta é que é un libro antigo, ten
46 anos e a imprenta era moi cara, sobre todo a cor, e aproveitaron para contar
toda a historia en tan só dúas planchas. Debido a isto, a historia transcorre
moi rápido e non é tan detallada como noutros contos da Carapuchiña vermella;
podemos dicir que esta cóntase ao longo das oito páxinas nas que se alternar
texto da narración e as ilustracións.
En canto ás ilustración podemos dicir que son con moitas cores e que destaca
a desformidade das figuras, as personaxes soen ter máis grande a cabeza que o
corpo. Son imaxes moi bonitas e infantís, moi apropiadas para o libro.
Esta versión da Carapuchiña vermella
conta como a nena lle leva unhas golosinas a súa avoa porque está enferma, a
nai dille que non se pare no bosque pero ela quere levarlle un ramo de flores a
súa avoa, de forma que se encontrou co Lobo. Este faloulle e a nena contoulle
de que eran para a súa avoa que estaba enferma, entón o Lobo escapou a correr
cara a casa da avoa a cal lle dixo que era Caperucita pero cando o veu a el
caeu desmaiada. Desta forma o lobo agachouna, vestiuse coa súa roupa e meteuse
na cama da avoa e cando chegou Caperucita e entrou na casa viu que a súa avoa
lle cambiara o rostro e levou un gran susto cando o Lobo lle ensinou os seus
dentes e que eran para comela.
Caperucita escapou pedindo axuda e o
cazador do bosque acudiu e cazou ao Lobo, o cal xa non volveu a molestar a ningún
dos habitantes do bosque.
Potencialidades: Caperucita Roja é un dos contos clásicos máis coñecidos pola infancia, é
unha obra dos irmáns Grimm cuxa primeira publicación orixinal é do 1697. Esta,
a que estou tratando eu, é do 1981 pero ten as mesmas potencialidades que todas
as obras deste título. Un dos maiores potenciais deste libro é a ensinanza,
sobre todo ensinar a que sempre se lle debe facer casos aos maiores, sobre
todos aos nosos familiares. Podemos dicir que este libro esconde algo que moi
pouca xente de dá conta; é unha ensinanza cara as mulleres de que non deben
andar soas e non lle facer caso aos homes que se encontren pola calle. Vemos como
a súa historia, por desgraza, segue moi presente hoxe en día e que conta como
unha muller, polo simple feito de ser dese sexo, se ten que sentir con medo
cando anda ela soa.
Persoalmente vexo que a súa historia
non é algo que favoreza ás mulleres pero si que a podemos usar de contraposición
ao que se pensaba antes co que debemos pensar agora, ademais de incentivar a
facer unha loita para deixar de ter estes estereotipos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario