Breve descrición do formato e contido da obra:
libro de tapa dura, de 22x30cm, con ilustracións que complementan o texto. Ademais, segundo vamos lendo, estas ilustracións adiántannos o personaxe que aparecera na seguinte páxina. Trátase dun texto dialogado en galego. Na cuberta aparece un elefante e un ratiño, o principal personaxe da historia, preguntado “Queres xogar comigo?”, o que conforma o argumento e o título da obra. A contracuberta é lisa.
A partir do
título, podemos saber de que vai tratar a historia. Un ratiño busca a alguén para
poder xogar. Desta forma, vai pasando por diversos animais, pero todos
lle din que non, ata que finalmente se atopa cunha ratiña que está xogando as
agochadas.
Potencialidades: esta obra busca
principalmente xogar cos lectores: primeiro, identificando os máis pequenos co
ratiño, e logo adiviñando quen será o seguinte animal co que o personaxe
principal quere xogar, xa que antes de pasar a páxina observamos unha
característica do individuo que vai aparecer: unha cola, plumas... Ademais,
axuda o coñecemento dos diversos animais que aparecen ó longo da historia:
león, mono, cabalo, serpe...
O texto acompaña
as imaxes, seguindo sempre a mesma estrutura. O colorido das ilustracións, a
variedade de formas e a expresividade dos personaxes son calidade propias do
autor.É unha historia emocionante, divertida e atractiva dende o punto de vista estético e didáctico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario