domingo, 30 de abril de 2017

Grisela

Anke de Vries,() Grisela ,ilus.Willeum Min, traduc.Arianne Faber e Pilar Martín Pontevedra:Kalandraka, colec.Demademora,[32pp](ISBN:978-84-8464-284-8)


Breve descrición e contido da obra:Libro ilustado,de pouco volume, composto por cartafol,con forma cadrada(20x20cm).Consta dunha cuberta e contracuberta.Na cuberta amósasenos o debuxo dunha ratiña gris pintándose de cores:Brancas as pernas e os brazos ,o corpo de cor verde con puntos vermellos,as orellas de vermello e amarelo, mentras se mira nun espello. O título do libro aparece no encabezado a man esquerda e o nome do autor e o ilustrador debaixo. Se seguimos o debuxo da ratiña atoparemos debaixo o nome da editorial,Kalandraka. Se pasamos as páxinas grosas e de textura suave, atoparémonos cunha garda na que se nos mostran os credenciais do libro e a man esquerda o debuxo dunha  ratonciña onde se nos anticipa que é o que vai acontecer e quen é a protagonista da nosa historia. Ao pasar a folla metémonos de cheo na historia de Grisela, unha ratonciña, que se sente triste ,tan triste coma a cor da súa pel e pensa que cambiando o seu aspecto se sentirá mellor,polo que toma a iniciativa de coller unha brocha e poñerse mans a obra. Píntase de tantas cores como pode, pensando que quedará bonita. Unha vez rematado todo decide saír a rúa e observara a reacción dos demáis, pero a reacción dos demáis non é a esperada ,xa que os animais comezan a burlarse dela. Grisela, triste e decepcionada por non verse fermosa decide meterse no río para sacar toda a pintura que recubría o seu corpo. Deste modo, os demáis descobren a fermosa pelaxe gris que posee Grisela,polo que non paran de botarlle piropos. Ante tal alboroto pola bonita pelaxe ,a ratoncita púxose moi leda.

Potencialidades:é un conto sinxelo, pero cargado dunha gran mensaxe ,"a importancia de ser un mesmo e valorarse tal é como se é."Outros valores a destacar a maiores van a ser, non deixarse levar polo que os demáis digan de ti,os complexos que moitas veces teñen as persoas de si mesmas,as críticas e burlas dos demáis que te poden perxudicar e facerte sentir triste e con baixa autoesma, polo que a través deste lilbro se pretende ensinar  aos nenos pequenos que aínda que moitas veces teñamos ganas de ser outra persoa, a verdadeira felicidade atópase no noso interior e cando a descubrimos somos moito máis fermosos do que pretendemos ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario