Aigner, Julie (2004), Refléjame:
un libro espejo. Ilust. Nadeem Zaidi. China: Essential Minds [14 pp.]
(ISBN: 84-96-260-55-0).
Descrición
do formato e o contido: Este volume, escrito en castelán, é un álbum ilustrado
perfecto para que os nenos xoguen, para que interactúen con el. É un libro de
pequenas dimensións, concretamente 17x17 centímetros e todas e cada unha das
súas páxinas son grosas, non só as gardas, deste xeito podemos entender que vai
dirixido a que sexan eles quen o manipulen. Trátase dun volume con moi pouco
texto e este está orientado de cara a que os nenos e nenas xoguen e sigan as
súas indicacións. O que máis nos chama a atención deste libro é o espello
situado no centro das páxinas situadas á dereita, a través da escrita convídase
aos pequenos a que imiten as caras que poñen os diferentes personaxes (un sol,
unha ra, un mono...). O contido refírese en todo momento a isto precisamente,
preséntanse os distintos personaxes un a un e todos eles convidan ao lector a
xogar co espello.
Potencialidades: unha das potencialidades máis claras
deste libro é a introdución á lecto-escritura posto que se produce unha
correspondencia entre a escrita e as ilustracións, cada vez que aparece un
personaxe novo este é presentado a través de palabras e imaxes. Por outra banda,
tamén debemos destacar que o feito de que o libro teña un espello axudará a que
os máis pequenos comecen a formar a súa imaxe e esquema corporais, algo que
resulta indispensable nestas primeiras etapas para acadar no futuro un bo
desenvolvemento psicomotor. Ademais outra das potencialidades máis claras é que
nenos e nenas, xogando cos libros abriranse camiño de cara ó mundo da lectura e
por medio de volumes como este axudaremos a que consideren a lingua e a
literatura a través dos libros como un
medio de descubrimento, diversión e aprendizaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario