Gomi, Taro, ¿Quén fala? As partes do corpo opinan Vigo: Faktoria K de Libros (2008), Trad: Chema Heras. [32 pp.]. (ISBN: 978 - 84 - 96957 - 43 - 5).
Breve descrición do formato e contido: É un álbum ilustrado encadernado en cartoné, coas tapas duras. Ten un tamaño de 25 x 23 cm.
O libro presenta pouco texto tanto nas páxinas pares coma nas impares. O que máis abunda nas páxinas son os grandes debuxos que trae.
A cuberta é moi divertida e nela aparece un personaxe central correndo e varios debuxos abstractos que lle saen das distintas partes do corpo. Na contracuberta aparece a man dereita do personaxe e tamén distintos debuxos abstractos; todo isto baixo un fondo branco onde predominan as cores do debuxo.
Nas gardas do libro so aparece unha imaxe na de diante aparece a mesma personaxe que na cuberta cos ollos cerrados e coas mans nos petos e con debuxos abstractos ao seu arredor e na de atrás aparece a
mesma personaxe na mesma posición pero de costas.
mesma personaxe na mesma posición pero de costas.
As ilustracións do libro son moi grandes, coloridas e chamativas; Os debuxos están realizados dun xeito semellante a como debuxarían os nenos; isto axudará a que os nenos se sintan identificados con ditos debuxos.
O conto narra a historia dun neno chamado Pablo que un día estaba paseando tan tranquilo ata que de súpeto, o seu corpo comezou a cobrar vida e a facer cousas que a cabeza lle mandaba que fixese.
Potencialidades: o libro é unha gran ferramenta de apoio para nais, pais e mestres que queren que os nenos gañen hábitos de autonomía persoal e coñecemento de si mesmos. Como ven reflexado na primeira área do currículo de Educación Infantil que sería
a primeira que se lle debería ensinar aos máis pequenos, aprendido isto e tendo claros varios conceptos de autonomía persoal xa se poden ensinar moitas máis cousas.
a primeira que se lle debería ensinar aos máis pequenos, aprendido isto e tendo claros varios conceptos de autonomía persoal xa se poden ensinar moitas máis cousas.
Coñecer as partes do corpo e algo moi importante e saber para que serven e que se pode facer con cada unha delas tamén.
Con este conto aprenderemos de forma divertida as partes do corpo e tamén a importancia da cabeza sobre elas, xa que na cabeza está o cerebro que é por así dicilo o que manda no noso corpo e o que fai que as súas partes se movan e fagan diferentes cousas.
Outra das potencialidades que lle vexo a este libro e que a linguaxe infantil está presente en todo o discurso do libro, polo que, será doado de entender para os nenos; ademais, usa moito as onomatopeas, que iso, sempre lle soe gustar moito aos nenos. Aparecen xogos visuais e de palabras que faran a historia aínda máis atractiva para os máis cativos.
Este conto ademais de contalo de maneira oral poderiámolo ir representando a vez que o vamos contando como se a persoa que o está contando se convertese no protagonista da historia, será divertido para os nenos e seguro que logo quererán eles representalo do mesmo xeito.
Incluso poderan inventar eles a súa propia secuencia de historia.
¿Quén non quere ser protagonista por un día? Adiante intentao será divertido.
¿Quén non quere ser protagonista por un día? Adiante intentao será divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario