domingo, 30 de abril de 2017

¡Todo el mundo va!

Jadoul, Emili (2003), ¡Todo el mundo va!, ilustr. Emili Jadoul, traduc. Violante Krahe, Zaragoza: Edelvives, col. Luciérnaga, (0 a 5 años) [22 pp] (ISBN:978-84-263-5242-2).


TODO EL MUNDO VA.JPG

Breve descrición do formato e contido da obra: este libro, ao igual que os outros sete que forman parte da colección “Luciérnaga”, é de pequeno formato, rectangular, de cantos redondeados e con páxinas consistentes e do mesmo grosor. Na cuberta e na contra cuberta aparecen de cintura para abaixo as diferentes personaxes do conto, o que nos vai dando algunha pista da propia historia. Tamén se pode destacar que na contra cuberta faise alusión a tódolos libros que forman parte da colección. Por outra banda, o conto está estruturado da seguinte forma: nas páxinas da esquerda atopamos a letra do conto nun fondo branco, e nas páxinas da dereita aparecen os debuxos correspondentes ao texto.
Ao longo de toda a historia vaise contando que unha serie de personaxes (vaqueiro, papá, mamá…) van a un lugar, pero sen chegar a especificalo, o que crea unha intriga no tocante a onde van tódalas personaxes. Así, os máis pequenos manteñan toda a atención ata o desenlace, que é cando se di que o lugar a onde van é ao retrete. O final remata cunha aprendizaxe dos pais cara ao seu fillo Raúl, que ten que comezara ir só ao baño, como fai todo o mundo.

Potencialidades: este conto aborda o tema do control de esfínteres dunha forma diferente, xa que o fai con enxeño e humor. A resolución do conto serve aos máis cativos de aprendizaxe e de impulso a intentar ir eles sós a onde vai todo o mundo e deixar atrás os cueiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario