luns, 24 de abril de 2017

Un gato muy poco gato



O´Callaghan i Duch, Elena (1995), Un gato muy poco gato, ilust. Àngels Comella, trad. Equipo EDEBÉ. Colección: Tren Azul, editorial: EDEBÉ [28 pp.] (ISBN: 84-236-3770-0). 




Breve descrición do formato e contido da obra:
Volume de formato pequeno, de tapas semiduras, máis ríxidas que as páxinas do seu interior, o cal pertence á colección "Ten Azul". A súa forma é rectangular case cadrada: 21 x 20 cm. Na portada aparece o protagonista principal, o gato Felipe.

O conto versa sobre un gato, Felipe, o cal foi adoptado por un neno, Gregorio, quen o atopara famélico cando ía paseando. Ao final Gregorio pensa que o seu gato creese que é un can, porque non é un gato normal: non lle gustan as sardiñas, pide que o saquen a pasear, tomaba o sol con protección solar..

A maior parte da narración está formada por caligramas qe complementan as viñetas que aparecen nas páxinas, por exemplo o olor da comida (as palabras semellan a representación do olor), ou cando aparece o sol (as palabras representan os raios do sol).










Potencialidades:
Este conto non ten unha recomendación de idades específica, polo que se podería traballar con nenos e nenas de calquera idade. Pode servir como forma para que os nenos coñezan os caligramas e para que os que xa comezan a escribir poidan facer os seus.

Outo tema a tratar pode ser o coidado dos animais e o feito de adoptar, en lugar de comprar, como se pode ver con Gregorio, quen adopta a Felipe (o gato) cando este estaba famélico pola rúa, levandoo á casa da súa avóa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario