Daporta, Mon (2009), Un bicho extraño, ilust. Oscar Villán, trad. Chema Heras, Vigo: Faktoría K de libros, [12 pp.] (ISBN: 978-84-96957-67-1).
Breve descrición do
formato e contido: O presente libro é un álbum ilustrado de historia
orixinal. É un libro de formato pequeno, rectangular (27,5 x 22), cunha
encadernación de tapa dura e esquinas redondeadas, perfecto para que os
nenos/as o poidan manexar dunha forma doada e sen mancarse. A cuberta
é gris escura e nela destaca o título en letras brancas e grandes, acompañado
de duas imaxes dun ser que nos pode dar pistas e crear intriga do que está por
contarnos o libro; na contracuberta aparece un rabo longo e delgado en
consonancia co ser que aparecía na cuberta ademáis dos datos do libro.
O libro basease na rima e no
ritmo do texto que se apoia nas imaxes do "becho" que é o único que resalta sobre o contínuo fondo gris escuro, e que vai mudando en función do
que nos conta o texto. Estamos ante un conto sen fin que nos conta a historia dun ovo que se convirte nun rato; que o chegar o fin da
historia se xiramos o libro, esta volve a comezar volvendo este rato a converterse en ovo "e dándolle a volta ao
conto...".
Potencialidades.
Xa o título do libro nos fai medrar a curiosidade e a imaxinación de que pode ser ese becho estraño que non saberemos ata o final do libro no que se resolve o misterio; e que a súa vez nos leva a outra nova historia xirando o libro.
Este álbum ilustrado pode empregarse para traballar:
- As partes do corpo xa que emprega as partes humanas (mans, pes, brazos...) e non as propias animais.
- A situación espacial (arriba, abaixo, ós lados...).
- Os tamaños (gordo, fraco, largo, curto...).
- Fenómenos metereolóxicos (raios, vento...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario