domingo, 30 de abril de 2017

Muevo las alas



Powell, Richard (2003), Muevo las alas, ilust. Ana Martín-Larrañaga, trad. Estrella Borrego, Barcelona: Ediciones Beascoa, col. Moviditos, [8 pp.] (ISBN: 84-488-1730-3).



















Breve descrición do formato e contido: O presente libro é un álbum ilustrado interactivo. É un libro de formato pequeno, cadrado (17 x 17), cunha encadernación de tapa dura e esquinas redondeadas, perfecto para que os nenos/as o poidan manexar dunha forma doada e sen mancarse. A cuberta destaca o título en letras negras e grandes, acompañado dun galo ou galiña que xunto as súas patas ten una frecha para tirar para abaixo, facendo que desta maneira se lle movan as súas ás. Na contracuberta aparece unha frase que nos invita a empregar os mecanismos do libro, ademáis dos datos do libro.


O libro céntrase en accións que os animais que aparecen nas súas páxinas están a facer, e que cobran  movemento cando movemos e desprazamos os mecanismos do libro. Ten uns textos curtos e con letra grande.
 
 

Potencialidades.   Como ben di na contracuberta "Estira o empuja los mecanismos de este libro y verás como se mueven los simpáticos animales de estas páginas a todo color" é un libro para interactuar con el movendo todos os mecanismos móviles que ten.
Este álbum ilustrado pode empregarse para traballar os animais da granxa e accións que estes fan de cotío.Para isto emprega elementos coñecidos para ós nenos e unha linguaxe sinxela. Non existe unha historia pero si que teñen un nexo comun todos os animais e accións que aparecen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario