López Martínez, Cruz ,(2000), Unha festa no bosque , Ilust. Nayasha S.
Rosenberg, Cool. Libromóbil, Vigo: Edicións de Cumio S.A. [12 pp.] (ISBM:978-84-8289-080-7).
Breve descrición do formato
e contido da obra: É un álbum ilustrado
interactivo de formato rectangular que mide 25cm. x 18´5cm. Está encadernado en
cartoné coas tapas duras, mentres que as páxinas son de cartón máis brando.
Na
cuberta aparece o título en letras amarelas na parte superior e unha
ilustracións de todos os animais que asisten ao aniversario do protagonista,
mentres que na contracuberta atópase nun fondo de cor verde unha ilustración do
libro, títulos publicados pola editorial, o título do libro xunto ca editorial
e o ISBN.
As
ilustracións están representadas por diferentes animais, como é o caso das ras,
o teixugo, os ratos, a gaivota, a serpe, etcétera. As cores das ilustracións son vivas e os
detalles están moi marcados, acordes ca narración da obra.
Na
parte inferior dos gravados atopase a historia narrada nas páxinas impares do
conto, en letra negra; mentres que no resto da páxina atópanse diferentes
estampas que se pode atopar nun bosque.
O
contido da obra trata sobre un oso que está de aniversario. Este vai celebrar a
súa festa de aniversario e invita ao resto de animais do bosque que asistan ao
seu convite. Finalmente todos os animais chegaron a tempo para comer a torta
con Oso e axudarlle a soprar as velas.
Potencialidade: Grazas ao título de Unha festa no bosque
podemos dar algunha pista dos transcurso da historia. É unha historia moi breve,
atractiva e interactiva.
O
formato facilita o recoñecemento de diferentes tipos de modalidades, dando
tamén aos lectores, autonomía para elixir que ademais mostra a dimensión lúdica
asociada ao proceso da lectura, texto en relación coas imaxes, entendido como
un xogo produtivo e dinámico.
A
potencialidade principal desta obra, é de facernos conscientes do que é ser
amigo e amiga. Tamén ensina valores de amizade e valentía para vivir
experiencias novas.
Así
mesmo, podemos ensinarlle aos nenos e nenas as festas que máis cércanas e tamén ensinarlle festas doutros países. Incluso, na aula do colexio, pódese tratar os aniversarios dos nenos e
nenas.
Por outro lado, con este álbum ilustrado pódese ensinarlle aos nenos e nenas cales son os animais máis característicos que viven no bosque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario