martes, 25 de abril de 2017

CATUXA QUERE SABER

CATUXA QUERE SABER

Concha Blanco (...), Catuxa quere saber, ilust. Dani Padrón, España: Editorial Everest Galicia, (a partir de 5 anos), colección: leer é vivir, [34 pp.] (ISBN: 978-84-403-1216-7).

Breve descrición do formato e contido da obra:











Álbum ilustrado e interactivo de tapas blandas e con pouca voluminosidade. 
A cuberta está dividida en dúas cores (branca e verde escuro), no centro desas dúas cores aparece unha imaxe da protagonista do libro, Catuxa, e xusto enriba dela, a man dereita, atopámonos co título da obra xunto co nome da autora, o nome do ilustrador e co nome da colección á que pertence. Na parte inferior dereita aparece en pequeniño o nome da editorial.
Na contra cuberta, a cor predominante é o laranxa. Nela podemos visualizar unha imaxe do boneco preferido de Catuxa, unha xirafa, é xusto debaixo, un breve resumo do que vai tratar o libro. Na parte esquerda é en sentido horizontal esta escrita a páxina web da colección de libros á que pertence esta obra e na parte inferior volvemos a observar o nome da editorial xunto co nome de tres aspectos que se están a tratar no libro (Valores, medio social e medio cultural).
Con respecto ao que agocha o seu interior, o mais divertido do libro, ao meu parecer, son as imaxes. Todas elas están cargadas de cor e de vida. Hai texto nas en ambos lados das dobres páxinas e moitas veces é o texto o que se axusta aos debuxos, por exemplo, se no debuxo hai auga pois o texto está escrito en forma de pequenas ondas. Tamén nos atopamos con algunha onomatopea, por exemplo co son que emiten os grilos (cri cri cri).

Potencialidades: 








Seguindo co que di unha das frases da contra portada do libro “Os nenos de agora, coma os de sempre, desexan saber cousas que procuran a través dos máis grandes” pois ben, esta breve oración estanos a desvelar o obxectivo fundamental da obra. A autora o que pretende con este texto é nin máis nin menos que tentar darlle resposta a moitas das dúbidas que lle poden acontecer a un neno ou incluso a un maior. Todos nos facemos preguntas, día si e día tamén nos atopamos con cousas ao noso arredor que non sabemos o que son ou para que se utilizan, e nesta obra, a través dunha pequena protagonista, ímonos dar conta de que preguntar é marabilloso. Aínda que as veces non podamos atopar resposta, o mere feito de reflexionar é algo moi bo que non debemos deixar de facer.
O libro conta con numerosos recursos, dende as imaxes, cada unha mellor ca anterior, cheas de cor e de alegría, ata as formas que van tomando as palabras escritas por riba ou a carón dos debuxos para así darnos unha sensación de movemento, de vida.
A autora, tamén é capaz de engadir algunha onomatopea para que así podamos imaxinarnos aínda mellor o son que emite o animal do que estamos a falar. E por si fose pouco, tamén aparece un recurso tan importante como o da familia. As historias que conta o avó de Catuxa, poden ser historias que nos contaban a nós os nosos maiores, o debuxo de Catuxa sentada nas pernas do seu avó e tócanos dende tan preto que incluso podemos imaxinarnos que somos nós os que estamos sentados nesas pernas, sentíndonos tan pequeniños no colo dun maior sabendo a protección que nos aporta. A figura materna tamén cobra un papel moi importante, as preguntas que lle fai Catuxa a súa nai pensando que terá resposta para todo.
Este libro está cargado de emocións, de sentimentos, de historias... ¡Anímate a lelo!   


Ningún comentario:

Publicar un comentario