Trata o tema dunha nena que é abandonada nun bosque ao nacer e que se cría cos animais que alí viven. É unha historia que nos pode recordar a outros contos tradicionais coma “O libro da selva” ou “Tarzán”. A nena se relaciona con eles, aprende con eles e é tratada como unha máis durante anos, ata que un día uns humanos a adoptan e a levan a cidade, pero como di a nena salvaxe ¡eles falan mal¡ !eles comen mal ¡eles comen mal!...O final da historia recomendo lelo.
Potencialidades: co libro podemos traballar a familia, o fogar, a educación …conceptos básicos nestas idades. Tamén o que pode estar ben ou estar mal, xa que todo é relativo. A visión que temos da familia, como punto de partida para coñecer o mundo, pode non ser a única forma de educación, xa que a nena aprende nun ambiente distinto, os animais transmitenlle moitos valores e ela é realmente feliz alí. A liberdade de poder elixir o que un quere é algo que debemos inculcar a os nosos alumnos e alumnas e o respeto polas opcións persoais.
"Non se pode domar algo tan felizmente salvaxe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario