sábado, 29 de abril de 2017

A sopa queima

Albo, Pablo. (2009). A sopa queima, ilust. André Letria, trad. Antón Fortes, Pontevedra: OQO Editora, [30pp.] (ISBN: 978-84-9871-161-5).

Breve descrición do formato e contido da obra:
 
libro de tapa dura, de 24x26cm, con ilustracións que acompañan ao texto. O texto é dialogado en galego. Na cuberta aparece a protagonista do conto co principal problema que se lle presenta “A sopa queima”, o que conforma o título da obra. Na contracuberta móstrasenos a nena unha vez que xa comeu a sopa. Unha vez que abrimos o libro, a portada indícanos unha pequena pista de que sucederá ao longo do relato, e na contraportada, aparece a receita da sopa.

 
María, a protagonista do conto, non podía comer a sopa que súa nai lle fixera, xa que estaba moi quente. A solución que lle da súa nai e que sopre, pero por mais que sopraba, a sopa continuaba quente. Pediu axuda a un rinoceronte, a un morcego, ata que unhas formigas que pasaban por alí lles axudaron e conseguiron que a sopa deixase de queimar. Así, finalmente, a nena comeu a sopa toda.

 
 
Potencialidades: esta historia trata como superar retos forma parte do día a día, e como a través da aprendizaxe, o crecemento e a imaxinación, se lle pode facer fronte aos que parecen insuperables para os máis cativos, aínda que os adultos os vexan como algo nimio. Neste caso, o reto que se mostra insuperable para a nena é a temperatura da sopa.
Ademais, demóstrase que de quen menos se espera, pode axudarnos, da igual o seu tamaño ou a súa forza, xa que os máis pequenos tamén nos poden socorrer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario