Panero de la Fuente, Montse (2013), Todos los besos del mundo, ilust. Mercè Galí Sanarau, ilust. dos signos Susana Peix e Francisco Vidiella, adapt. ao sistema bimodal Susana Peix e Cesca Mestres, Barcelona: Carambuco ediciones, (+3 anos), [24 pp.] (ISBN: 978-84-941225-0-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado, encadernado con tapa dura, de forma rectangular con láminas grosas.
Na cuberta aparece o título do libro, o nome da autora e da ilustradora, a editorial e unha imaxe da obra. Na contraportada temos unha breve descrición da obra e unhas indicacións sobre o sistema bimodal.
O conto ten 24 páxinas nas que o texto e os signos sempre aparecen na parte esquerda e as ilustracións ocupan a parte dereita. As imaxes son moi atractivas e divertidas e captan moito a atención, ademais, son moi orixinais e utilizan cores moi rechamantes.
A obra narra a historia da familia "Beso". Como protagonista principal temos a Sito, o fillo máis pequeno e ao único ao que non lle gustan os bicos.
Para cambiar isto, os seus pais deciden que ten que facer unha viaxe para que vexa os diferentes tipos de bicos que hai. Unha vez que se dispón a facela cambia deseguido a súa idea e a medida que vai transcorrendo a historia e vai atopando diferentes bicos vai votando en falta os da súa familia. Cando retorna, dálles un bico ENORME.
Potencialidades: Unha das grandes potencialidades que lle atopo a este conto e que o texto orixinal vai acompañado dunha adaptación ao sistema bimodal que utiliza conxuntamente os signos da Lingua de Signos Española e a estruturación da lingua oral o que facilita a lectura aos nenos con discapacidade auditiva. Ademais, transmite o amor incondicional da familia e ensina valores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario