Genechten, Guido Van (2010), El libro de los abrazos, ilustr. Guido
van Genechten, SM, (de 2 a 4 anos), [22 pp], (987-85-675-3789-5).
Breve descrición do formato e contido da obra: atopámonos ante un conto de formato
pequeno e cadrado, onde todas as páxinas son consistentes e do mesmo grosor. Na
cuberta aparece o título da obra e algúns dos personaxes, e xa se vai indicando
parte do contido da mesma. A contra cuberta segue o fondo da cuberta pero non
ten nada que salientar.
En canto ao contido da obra, ao
inicio do mesmo atopámonos ante un neno chamado Juan que lle pide una aperta a
súa nai, e a partires de aí comeza una historia que se conta a través dunha
sucesión de dobres páxinas nas cales aparecen diferentes animais (nai e fillo)
dándose una aperta, cada un coas súas peculiaridades. Este conto destaca polo
seu corido e por ser unha lectura sinxela.
Potencialidades: este conto, como ven indica o seu título “El libro de los abrazos”, amósanos a importancia que ten dar e
recibir cariño para un neno, sobre todo polas súas persoas máis coñecidas: a
súa mamá e o seu papá. Este pequeno conto tamén serve para relatar as
diferentes formas que hai de abrazar e as diferentes formas que hai de amosar
os nosos sentimentos sen necesidade de que sexa por medio de palabras. Ademáis
de potenciar o ámbito dos sentimentos no cativo, tamén serve para traballar co
mundo dos animais, que son os principais protagonistas das páxinas deste libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario